Desenvolvemento rural

Segue vixente a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais

02/10/2023 10:27 a.m.

A Consellería do Medio Rural informa de que se mantén, ata novo aviso, a prohibición de realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados, malia que este sábado rematou a tempada de alto risco de incendios forestais en Galicia.

Polo tanto, non se concederán comunicacións nin autorizacións para realizar ditas queimas. A decisión tomouse tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas así o estimen, como é o caso destes días con temperaturas anormalmente elevadas e tempo solleiro.

Etiquetado
Ir a la portada