Noticias de empresa

Sae ao mercado unha nova gama de pensos ecolóxicos

Conta con fórmulas específicas para vacún de leite e de carne e distribúeo Piensos O Coto, unha empresa galega con máis de 50 anos de experiencia no sector

Campo Galego 22/11/2023 11:30 a.m.

[caption id="attachment_213905" align="aligncenter" width="660"] Planta de fabricación de Piensos O Coto, que distribuirá o novo produto por toda Galicia[/caption]

A UE pretende que no ano 2030 unha cuarta parte da produción agrogandeira europea sexa ecolóxica e a nova PAC empurra nesa dirección, ao tempo que os consumidores buscan cada vez máis produtos co selo bio. A produción ecolóxica ofrece grandes posibilidades en Galicia, sobre todo nos sectores do vacún de carne e de leite. 

Pero o mercado dos pensos ecolóxicos era até este momento moi limitado, con pouca oferta, o que condicionaba as posibilidades reais de escolla das explotacións. EcoCoto, a nova gama ecolóxica de Piensos O Coto, vén poñer fin a esa escaseza de alternativas nutricionais para o gando. 

O sector da produción ecolóxica está a medrar cada ano a nivel europeo e a nova PAC empurra nesa dirección

Esta nova liña de produto xa está no mercado e súmase á ampla gama de pensos, cereais, fertilizantes, sementes e subministros agrarios desta empresa familiar que empezou a funcionar no ano 1992. 

[caption id="attachment_213902" align="alignright" width="300"] Logo da nova gama ecolóxica de Piensos O Coto[/caption]

Coa nova gama ecolóxica, Piensos O Coto amplía a súa oferta, facilitando deste xeito a conversión a ecolóxico das ganderías, con fórmulas específicas tanto para vacún de carne como para vacún de leite, explica Joaquín Valledor Núñez, director-xerente de Piensos O Coto. 

A empresa ten previsto chegar a toda Galicia con esta nova gama ecolóxica que distribúe en exclusiva, elaborada a partir de materias primas de primeira calidade coas que cubrir de maneira efectiva os requerimentos nutricionais do gando, logrando deste xeito altas producións e unha mellora na rendibilidade das explotacións. 

A experiencia de Piensos O Coto, presente no sector desde fai máis de medio século e con fabricación propia desde hai tres décadas, é unha garantía para os produtores que desde fai anos confían nos seus servizos e tamén para os novos clientes.

[box style="0"]

Máis información no teléfono 982340300 ou no email administracion@benjaminvalledor.com

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada