Noticias de empresa

Recomendacións para o uso de inoculantes no ensilado

Analizamos con Adial cuestións a ter en conta á hora de empregar inoculantes nos silos

Campo Galego 23/04/2020 5:08 p.m.

A fermentabilidade dunha forraxe é a que determinará se vai ser fácil de ensilar ou non. Para calcular a fermentabilidade, hai que ter en conta unha serie de factores, en especial a porcentaxe de materia seca, o contido de azucres e a capacidade tampón, é dicir, a resistencia que presenta unha forraxe á baixada do pH. Canta maior resistencia, máis complicacións para o ensilado.

En base á relación entre azúcares da forraxe e capacidade tampón, pódese determinar que o millo é unha das forraxes que máis proclives son ó ensilado. No lado contrario está a alfalfa e outras leguminosas, en tanto que nunha posición intermedia atopamos o raigrás.

Para optimizar o ensilado do raigrás, haberá que incidir naqueles parámetros que se poden controlar, como a materia seca ou as bacterias presentes, que poderemos inocular, pois os outros factores xa veñen dados.

Cunha materia seca no entorno do 30% será suficiente o uso de inoculantes de bacterias. Con menos dun 25-30%, serán necesarios os conservantes químicos

Canta maior humidade, teremos risco de peor fermentación e máis problemas para que as bacterias naturalmente presentes nas plantas ‘maten’ ós patóxenos (clostridios, mohos, etc.) no proceso de fermentación. Para mellorar ese proceso, é conveniente o emprego de inoculantes de bacterias ou conservantes químicos.

Se temos unha materia seca que ronda ou supera o 30%, será suficiente con aplicar un inoculante de bacterias, pero con materias secas por baixo dun 25-30%, será preciso aplicar un aditivo químico.

Efectos dos conservantes e inoculantes
Os efectos de engadir o conservante Optisil (Kofasil) nos silos de herba na dose recomendada (3 litros / tonelada) son claros á hora de aumentar os parámetros de calidade da forraxe, pois mellora a fermentación láctica, o que contribúe a conservar máis enerxía e maior calidade de proteína, así como a reducir o ácido butírico e o clostridio.

As perdas derivadas dunha mala fermentación do silo de herba poden chegar a 2.200 euros / ano para unha granxa media de 50 vacas, segundo os cálculos de Adial. En cambio, un silo de boa calidade impulsará un aumento da inxesta da materia seca por vaca, o que pode representar 2 litros de leite adicionais por vaca e día, o que en cartos son uns 9.000 euros /ano.

Compactación
Outra cuestión clave a ter en conta nos silos é a súa compactación, recomendándose un mínimo de 235 Kg. de materia seca por metro cúbico. Para calcular a compactación do silo, pódese usar a aplicación online Addcon calculator, na que sinalando datos como o groso da capa de forraxe e o peso do tractor, obtense o dato dos Kg. de forraxe que hai por metro cúbico. Se o dato é inferior a 235 Kg., as solucións pasan por facer capas máis finas ou por empregar tractores máis pesados.

[box style="0"]

Guía de inoculantes e conservantes

Inoculantes biolóxicos

- Optisil Biolac 1 (Kofasil S): Inoculante biolóxico de ‘Lactobacillus buchneri’ (bacteria heterofermentativa) que actúa como inhibidor de levaduras e mohos, mellorando así a estabilidade aeróbica do ensilado.
- Optisil Biolac 2 (Kofasil lac): Inoculante biolóxico de ‘Lactobacillus plantarum’ (bacteria homofermentativa) que mellora o proceso de fermentación en forraxes de herbas, leguminosas e cereais.

- Optisil Biolac 3 (Kofasil Duo): Incorpora nun só produto as bacterias dos dous anteriores, co que consegue unha rápida acidificación e protección contra o quecemento do ensilado.

Conservantes químicos

- Optisil feed stabil (Kofasil Excel): aditivo líquido para ensilados de millo, gran húmido e herbas con alto contido de materia seca. Mellora a estabilidade aeróbica do silo, inhibindo a aparición de fungos e levaduras.

- Optisil forgrass (Kofasil Liquid): aditivo para ensilados de raigrás, leguminosas e cereais de primavera. Mellora o proceso de fermentación natural, reducindo a presenza de clostridios, listerias e enterobacterias.

Adial conta tamén con produtos desta gama en formato granular, como o Kofasil Plus granular ou Kofasil Maíz Granular.

- Optisil Protech (Kofasil ultra): mestura de aditivos para ensilados que mellora a fermentación, evita o quecemento do silo e mellora a súa estabilidade aeróbica. Especialmente indicado para balas e tubos.

- Kofa Grain: conservante para grans húmidos e millo, así como ensilados de herba con elevado contido de materia seca.

[/box]

[box style="0"]

Visita técnica á planta de produción de Addcon en Alemania

[caption id="attachment_116668" align="aligncenter" width="660"] Grupo de técnicos na terminal de carga da planta de Addcon.[/caption]

Un grupo de técnicos de Galicia e do resto da Península visitou recentemente a planta de fabricación dos inoculantes e conservantes do grupo Addcon en Alemania. A visita enmarcouse nas ‘Addcon Academies’, un programa formativo da empresa que fomenta a mellora no manexo dos ensilados.

O grupo, conformado por unha vintena de persoas, visitou unha das dúas plantas de Addcon na localidade de Bitterfeld, próxima a Leipzig. A empresa conta con outra fábrica en Noruega e con estrutura de distribución en Asia. Os seus produtos distribúense en 100 países de Europa, Asia e tamén América.

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada