[caption id="attachment_170495" align="aligncenter" width="1446"]
A Asociación de Empresarios de Muimenta ten xa data para a que vai ser a edición número 40 da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu). Así, esta terá lugar a fin de semana do 6 e 7 de abril do ano 2024.
A comisión organizadora traballa arreo para preparar unha nova edición que buscará ser aínda máis espectacular debido ao aniversario dos 40 anos de vida.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Como sempre, a comisión está xa coa recadación de fondos e vende lotería cun donativo, cartos que se utilizarán para subvencionar esta feira.