Carne

Programa das Quendas de Mondoñedo, que enxalzarán o Cabalo de Pura Raza Galega

Celebraranse desde este venres, 28 de abril, ao luns, 1 de maio. Haberá feira de gando, exposición de razas autóctonas, certame morfolóxico de Pura Raza Galega e concurso de andadura de cabalo marchador galego

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/04/2023 9:47 a.m.

Mondoñedo acollerá durante toda esta fin de semana As Quendas, unha das citas imprescindibles do calendario galego para os afeccionados ao mundo do cabalo. Celebraranse do venres 28 de abril ao luns 1 maio con especial protagonismo para o gando.

As actividades ecuestres terán lugar domingo 30 e o luns 31. O domingo será o Certame Morfolóxico de Pura Raza Galega e o Concurso de Andadura de cabalo marchador galego, que se desernvolverán no recinto da granxa. O luns terá lugar a Feira de Gando e a Exposición de Razas Autóctonas, que se concentrarán na xornada festiva do 1 de maio no entorno do campo da feira. 

Repartiranse importantes premios tanto entre as ganderías que participen cos seus animais na feira de gando e a exposición de razas autóctonas como entre os vencedores dos distintos concuros e probas ecuestres.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Na alameda haberá mercado de produtos de alimentación e terá lugar a Festa da Empanada, con degustación tamén nos locais de hostalaría da vila de empanada de porco celta e poldro. 

Colaboración da Deputación

A Área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo colabora coa asociación organizadora das Quendas de Mondoñedo, Asociacion As San Lucas, para que se poidan levar a cabo as actividades ligadas á gandería.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A deputada Mónica Freire felicitou á organización por seguir impulsando unha feira que mantén viva a tradición gandeira do concello e da Mariña interior e pon en valor o traballo dos criadores e criadoras de gando cabalar, "fundamental na conservación do territorio” e valorou tamén “o protagonismo das razas autóctonas e dos certames de Pura Raza Galega, que espertan un grande interese en todos os lugares en que se veñen celebrando da man de Puraga”.

PROGRAMA COMPLETO:

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada