Programa da 29 Feira Apícola das Rías Baixas

Publicidade
Programa da 29 Feira Apícola das Rías Baixas

Apicultor inspeccionando os cadros

Data inicio: 08/04/2017
Data fin: 08/04/2017
Lugar: cENTRO SOCIOCULTURAL DO PORRIÑO

O vindeiro 8 de abril celebrarase no Porriño (Pontevedra) a 29 edición da Feira Apícola das Rías Baixas, un dos eventos máis importantes do calendario apícola galego, e que está organizada pola Agrupación Apícola de Galicia e pola Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra.

A feira, que se celebrará no Centro Sociocultural do Porriño, inclúe un mercado do mel e de artesanía, onde se poderá mercar mel e produtos derivados da apicultura directamente aos apicultores, e unhas xornadas técnicas dirixidas ao público profesional.

O programa das xornadas técnicas é o seguinte:

10:00 horas: “Apiterapia: usos medicinais dos produtos da colmea”. José Castro, Apiterapia Center.

10:45 horas: “A produción primaria na IXP Mel de Galicia”. Beatriz Ríos e María de Diego. Consello Regulador da IXP Mel de Galicia.

11:30 horas: “Pole de Galicia: características de interese e orixe botánica”. María Shantal Rodríguez e Olga Escudero. Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo.

12:15 horas: “VarroMed: un novo concepto para tratar a varroa”. Dominik N. Hohl. Director executivo de Beevital (Austria).

13:00 horas. “Como manexar a Aethina Tumida ou escaravello das colmeas”. Frederique Ripet, consultor apícola (Francia).

14:00 horas: Xantar.

17:00 horas: “A colmea termosolar. Outro concepto de apicultura”. Lea Rehakova Novosadova e Celso Cadahía Ledo, apicultores.

17:30 horas: “Medidas para unha loita máis eficaz contra a Vespa velutina”. Lolo Andrade, técnico de Protección Civil de Cambre e entomólogo.

18:30 horas. Mesa redonda sobre a Vespa Asiática con:
-Lolo Andrade: Sistema de actuación directa e fabricación de trampas.
-Frederique Ripet: Novos sistemas de control en Francia.
-Manuel Ferreira: presidente da Casa do Mel de Goente.
-Javier Seijo: Novos manexos das colmeas con presión de Velutina.

Descarga aquí o programa completo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *