Carne

Presentación do proxecto Aproavi, unha iniciativa para xerar biogás e fertilizante a partir de residuos avícolas

ADEGAL, o Centro Tecnolóxico EnergyLab, e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) e Silvares Group S. Coop Galega, investigan a valorización das dexeccións da polinaza e outros restos orgánicos para convertilos en enerxía renovable, e así mellorar a competitividade do sector

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/05/2023 8:21 p.m.

Onte presentouse de forma oficial o proxecto ‘Aproavi: Aproveitamento integral da polinaza para a mellora da sustentabilidade e competitividade do sector agrícola’, nun evento online que organizaba a Asociación de Empresarios, de Gandeiros e Agricultores da comarca da Limia (ADEGAL), e que estaba dirixido ao sector agrícola.

Esta iniciativa extenderase do 1 de xullo de 2022 ata o 1 de outubro de 2024, e ten como obxectivo mellorar a competitividade das explotacións avícolas a través da valorización do esterco, xunto con outros refugallos orgánicos, promovendo a súa conversión en enerxía renovable (biogás e gas de pirólisis) e en fertilizantes baseados no dixestato e en biochar.

Para a consecución deste obxectivo, exponse os seguintes obxectivos específicos:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

1. Identificar e establecer as características dos principais residuos orgánicos xerados na comarca da Limia e Baixa Limia.

2. Maximizar a produción de biogás mediante a diminución do efecto inhibitorio do nitróxeno presente na polinaza no proceso de dixestión anaerobia, mediante a codixestión con refugallos agrícolas abundantes na zona de estudo.

3. Establecer o efecto da temperatura da pirólisis, sobre a formación de biochar e sobre as súas propiedades principais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

4. Comprobar a efectividade dos produtos obtidos a partir do dixestato e biochar como fertilizante, en dous cultivos tipo: a pataca e o trigo.

A investigación desenvólvese entre ADEGAL, o Centro Tecnolóxico EnergyLab, e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) e Silvares Group S. Coop Galega, e conta coa financiación do procedemento de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (procedemento MR331B), ao amparo da Resolución do 30 de decembro de 2021(DOG nº 18, do 27 de nero de 2022), en réxime de concorrencia competitiva, e cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada