A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Polysulphate, o fertilizante natural exclusivo de ICL que achega os catro nutrientes esenciais para as plantas nun só gránulo

Polysulphate, o fertilizante natural exclusivo de ICL que achega os catro nutrientes esenciais para as plantas nun só gránulo

A fertilización dos cultivos agrícolas é unha das áreas onde máis se está incidindo na necesidade dun uso sostible e controlado dos nutrientes que se achegan ao solo. Para responder a estas esixencias, tanto regulatorias como de toda a cadea agroalimentaria, os produtores necesitan novas solucións para poder achegar os nutrientes que necesitan as plantas de forma eficiente, precisa e sostible.

Neste sentido, ICL dedicou un gran esforzo nos últimos anos para desenvolver o seu exclusivo fertilizante natural Polysulphate, que en cada gránulo incorpora os catro nutrientes básicos que necesitan os cultivos (xofre, potasio, magnesio e calcio) cun modo de acción que asegura a súa dispoñibilidade constante e prolongada no cultivo.

É importante destacar que a dispoñibilidade de tres destes nutrientes está directamente relacionada coa saúde da planta e a mellor resistencia ao estrés: o Xofre achega funcións de defensa e detoxificación; o Calcio dalle permeabilidade na membrana e mellora a asimilación de nutrientes; e o Potasio outorga unha regulación estomática, firmeza, estrutura das células e maior produción.

O que fai que Polysulphate sexa un fertilizante revolucionario e innovador é que se presenta no seu estado natural e non é necesaria a separación química nin outros procesos industriais. Por esta razón, estamos ante un fertilizante natural verdadeiramente sostible, respectuoso co medio ambiente e que realmente axuda aos produtores para reducir a pegada de carbono da agricultura.

ICL REmolacha

Resultados excepcionais en crecemento, produción e calidade dos cultivos

ICL realizou ensaios de campo en todo o mundo e en diferentes cultivos para poder comprobar a eficacia e vantaxes do uso de Polysulphate. Así, en España e Portugal están a desenvolverse ensaios en cultivos tan diversos como oliveiral, millo, remolacha, cereal de inverno ou xirasol, con resultados realmente excepcionais. En todos eles o abonado con Polysulphate asegurou unha boa nascencia, o desenvolvemento de plantas sas e sen ningún síntoma de deficiencia e, o máis importante, producións finais por encima da media da zona en cada cultivo e cunha excelente calidade de colleita.

O abonado con Polysulphate asegurou unha boa nascencia, o desenvolvemento de plantas sas e sen ningún síntoma de deficiencia e producións finais por encima da media da zona e cunha excelente calidade de colleita

Os agricultores que están a usar xa Polysulphate destacan as súas múltiples vantaxes, como a versatilidade do seu uso para gran variedade de cultivos e diferentes tipos de solo e clima; a flexibilidade na aplicación, xa sexa ao voleo ou en banda para unha aplicación de precisión; a súa alta capacidade de mestura coa maioría de fertilizantes convencionais; o non ter perdas por lixiviación, fixando os nutrientes no solo; a súa alta uniformidade e densidade; a cobertura uniforme que asegura ter os catro nutrientes esenciais para as plantas; a súa seguridade ao ter moi baixo índice salino; e o ter un pH neutro.

Tamén é moi importante o Polysulphate ofrece unha dispoñibilidade prolongada ao longo de todo o ciclo, presentando un patrón único de solubilización que se aliña coa demanda dos cultivos, asegurando a dispoñibilidade de nutrientes durante os períodos críticos de desenvolvemento.

DCIM100MEDIADJI_0839.JPG

Catro formulacións e tamén dispoñible para ecolóxico

Neste momento ICL, que ten en exclusiva este fertilizante natural a nivel mundial, puxo no mercado catro formulacións diferentes, adaptadas ás necesidades dos diferentes cultivos e chans, estando algunhas delas certificadas xa para o seu uso en agricultura ecolóxica.

A primeira formulación é Polysulphate Standard, que asegura a nascencia en cultivos sensibles ao cloro e garante a saúde das plantas pola achega de magnesio ao solo. A segunda formulación é Polysulphate Granular, que é a solución ideal para todo tipo de cultivos e solos, grazas ao seu pH neutro e o seu baixo índice de salinidade. En terceiro lugar, Polysulphate Premium presenta unha formulación mellorada con esferas de fertilizante robustas e uniformes ideais para mesturas con outros fertilizantes. E, por último, Flecotec 4Smart, que é un produto a base de Polysulphate pero con Xofre obtido de forma 100% ecolóxica e cunha tecnoloxía que prevén a lixiviación do mesmo.

Todas estas formulacións, así como os diferentes ensaios realizados en España, diversos vídeos técnicos, fichas de produto e demais información acerca de Polysulphate está ao disposición de agricultores e técnicos nunha web especial creada por ICL e que pode consultarse AQUÍ.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *