O Valadouro retoma este sábado a celebración do seu tradicional Mercado da Primavera

Durante todo o día esta vila da Mariña acollerá unha feira de artesanía e alimentación, concursos de vestimenta tradicional, actividades infantís, música e animación de rúa e unha demostración de habilidades en tractor

O Concello do Valadouro, na Mariña, retoma esta fin de semana a celebración do seu tradicional Mercado de Primavera, unha das citas de referencia na comarca e que se viu afectada nos últimos dous anos polas restricións ás que obrigou a pandemia causada pola covid-19. 

O día do mercado será o sábado, cun amplo programa durante toda a xornada, pero Ferreira acollerá xa o venres distintas actividades musicais. Ao día seguinte, o programa inclúe desde feira de artesanía e alimentación a concursos de zocas e zocos, vestimenta tradicional ou decoración, animación de rúa, concertos, actividades infantís ou mesmo menús especiais nos locais de hostalaría da vila. 

As zocas e os zocos volverán a ser este sábado o calzado ‘oficial’ polas rúas de Ferreira

A feira, con postos de todo tipo, permanecerá aberta desde as 10 da mañá ás 7 da tarde, pero a música e a festa continuará despois na Praza de Santa María da localidade e nos locais de hostalaría da vila. A Praza de Santa MAría será tamén o escenario, á 1 da tarde, do concurrido concurso de zocas. 

Unha das novidades desta edición, a número XVI, é a exposición de tractores clásicos antigos e un concurso de habilidades de conducción de tractores agrícolas. 

Mercado Primavera Valadouro 2022

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información