Desenvolvemento rural

O SLG abre un curso de Dixitalización na actividade agraria en Sigüeiro-Oroso

A inscrición estará aberta até o mércores día 18 de outubro.

17/10/2023 6:29 p.m.

O futuro dos traballos agrograndeiros pasa desde agora pola adaptación a novos procesos e modelos produtivos que inclúen as novas tecnoloxías. Desta maneira, e para non quedar desfasadas, todas as explotacións deberan actualizar os seus métodos tanto produtivos e os comerciais.

Dentro deste contexto, o Sindicato Labrego Galego mantén aberta a inscrición até este mércores 18 de outubro para o Curso de Dixitalización na actividade agraria. Esta actividade formativa denominada 'Preparándonos para a que se nos vén enriba', terá lugar os días 23, 24, 25 e 26 de outubro en Sigüeiro, Oroso. A seguir veñen os datos desta formación:

Lugar
Aula Mentor EducaOroso
(Sigüeiro - Oroso)

Horario
10:30h a 13:30h (12 horas)

Máis información e inscricións
981 682 908
ordes@sindicatolabrego.gal

Etiquetado
Ir a la portada