A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O sector forestal: O segundo fogar para Juan Carlos Cibreiro e Cortel Popescu

Juan Carlos Cibreiro é operador forestal desde fai 25 anos, e nestes momentos fai fincapé nas dificultades polas que atravesa o gremio. Tanto el coma o seu compañeiro, Cortel Popescu, coinciden no aumento dos custos de produción

Juan Carlos Cibreiro e Cortel Popescu levan máis dunha década profesionalizándose no monte. Co paso dos anos conseguiron adquirir a súa propia maquinaria, e hoxe en día están como operadores dun autocargador, e dunha procesadora, respectivamente, traballando principalmente con madeira de eucalipto por toda Galicia. Ambos teñen un punto de vista en común en torno ás dificultades polas que atravesa o sector en canto a man de obra, e custos de produción.

Aínda que se lles plantexa que nun futuro poderá existir a posibilidade de controlar remotamente a súa maquinaria, a súa resposta é clara: “A min gústame o monte, e a quen lle gusta este traballo, desde a casa non o viviría igual”, afirma Cibreiro. Pola súa parte, Cortel Pospescu redunda en que non se imaxina traballar a distancia, e que lle gusta “vivir día a día, desfrutar da liberdade e de cada monte, que é diferente”.

Cortel Popescu

É de nacionalidade rumana e chegou fai 13 anos a territorio galego. Anteriormente estaba traballando en Alemaña, tamén no ámbito forestal, e animado por seu cuñado veu “probar aquí para ver como lle ía”, comenta. Este sector representa un punto de conexión con Galicia, ademais dunha oportunidade de xuntarse de novo coa súa familia.

Nos seu inicios traballou durante catro anos contratado nunha empresa, e despois estivo durante sete anos como autónomo, facéndose oco en diferentes empresas. “Cando cheguei víase un sector dinámico, eu preguntaba por traballo e conseguíao”, detalla. Con once anos de experiencia no monte galego decidiu dar o paso de comprar unha procesadora. “Custoume un pouco no principio, non foi fácil, pero agora estou ben”, engade Popescu.

“Custoume un pouco no principio, non foi fácil, pero agora estou ben, estou contento” (Cortel Popescu)

Hoxe en día, leva dous anos traballando con unha procesadora, unha EcoLog 580D coa que “está moi contento”, e da cal destaca “o seu sistema de nivelar, que é realmente unha pasada”, afirma. Outra das cuestións ás que fai referencia é o baixo consumo posto que “pode gastar sobre 12 litros por hora; todo dependendo do tipo de terreo no que se traballe”, engade. “Teño colegas que teñen outras marcas de máquinas que me están dicindo que gastan bastante máis que a EcoLog”, agrega.

“O que máis me gusta desta máquina é o seu sistema de nivelar, é unha pasada” (Cortel Popescu)

O cabezal da EcoLog de Popescu é un Log Max 6000B, “un modelo aparentemente sinxelo, que é lixeiro e que da poucos problemas”, destaca. A combinación de baixo peso e moita potencia leva a ser instalado en maquinaria con base de gran tamaño. “A nivel hidráulico ten unha gran presión, cunha máxima de 260 bar”, amplía Popescu.

A pesar de todo, hai cuestións que Popescu bota en falta no estado actual do sector, tales como a man de obra. “Tal e como están as cousas hoxe en día, atopar un motoserrista bo é complicado, e non só iso, senón tamén a formalidade e seriedade da xente”, critica.

Juan Carlos Cibreiro

É dun pobo de cerca de Monforte e leva traballando no monte 25 anos. Na actualidade está traballando pola súa conta e alude a “unha situación complicada do sector, polo aumento dos prezos dos aceites e dos combustibles, acompañados dunha aparente escaseza de xente que queira traballar no monte”, polo que o ve “moi duro, con moitos gastos e moi pouco beneficio”.

Igualmente, Cibreiro afirma que “todos os días vai contento traballar porque fai o que lle gusta”, e así mesmo fai fincapé en que a el lle “gusta a batalla”, e para iso, “hai que estar encima do monte”, comenta.

“A min gústame a batalla, e para iso hai que estar encima do monte” (Juan Carlos Cibreiro)

A súa ferramenta de traballo é un cargador EcoLog 574C, o segundo que ten na súa carreira profesional debido a que lle “deron bo resultado”, decidindo “volver utilizar a mesma marca”. Actualmente leva tres anos e medio con el, e co anterior estivo máis de cinco anos. Segundo o criterio de Cibreiro “son máquinas fiables coas que podes tirar un mes sen ningún tipo de avaría”. Ademais, o operador forestal asegura que “é un tipo de máquina moi cómoda e espaciosa para traballar”.

Ao respecto da súa fiabilidade, Cibreiro engade que “unha parte importante son os mantementos, ter todo ao día”. O operador exemplifica que “todo o tema de aceite de motor, valvulina ou hidráulico vai sempre ao día porque é moi importante para a saúde da maquinaria”. Aínda así, nalgún momento tivo que botar man do servizo técnico de Log Max, “non moitas veces”, especifica, “pero cando o tiven que facer, a verdade é que moi ben e moi rápido; nese sentido, estou moi contento con eles”, amplía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *