Leite

O prezo da manteiga segue subindo en Europa e axuda a manter os prezos no campo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/12/2023 6:18 p.m.

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta primeira semana de decembro dos produtos lácteos. O prezo da manteiga segue á alza, contribuindo a manter os prezos do leite en orixe, mentres que o leite en pó desnatado baixa, ao igual que o queixo, e o leite en po enteiro sobe lixeiramente.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Manteiga: 536 €/100 kg, +4,1 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 262 €/100 kg, -0,2 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 365 €/100 kg, +0.3 % ,,
-Queixo cheddar: 346 € /100 kg -0,4%

Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia mantense estable nos 0,565 euros o litro.

O prezo medio do leite na UE no mes de novembro estímase que quedará en 0,444 euros o litro, un 0,5% máis que en outubro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu esta semana cunha nova suba no seu índice do 1,6 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 2,1%, mentres que o desnatado tamén repuntou, neste caso nun 1,2% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 0,7 % e o queixo experimentou a maior suba: un 9,7%.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada