O Goberno aproba dar máis facilidades ao sector vitivinícola para acceder a axudas

Publicidade
O Goberno aproba dar máis facilidades ao sector vitivinícola para acceder a axudas

Viñedos na DO. Valdeorras

O Consello de Ministros aprobou hoxe, a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a modificación do Real Decreto 1363/2018, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español (PASVE).

O obxectivo principal deste real decreto é a adaptación das medidas de reestruturación e reconversión de viñedos, de investimentos en adegas e de promoción en terceiros países ao novo escenario de flexibilidade introducido para o exercicio 2021 polas recentes modificacións dos regulamentos comunitarios aprobados en 2020 por razón da COVID-19.

Así, a nova norma engade elementos de flexibilización tanto no pago da axuda, eximindo de determinadas penalizacións, como na modificación das operacións, permite aumentar a participación da Unión Europea nas axudas e flexibiliza determinados prazos e procedementos no exercicio financeiro.

Do mesmo xeito, o cambio no real decreto aprovéitase para dar aplicabilidade real ás disposicións que xa regulaban a colleita en verde. Para iso, engádense novos artigos que dan cobertura aos baleiros existentes até agora na estrutura de xestión da medida, establecendo prazos e formas de comunicación entre as comunidades autónomas e o MAPA que aseguren o seu correcto desenvolvemento en caso de decidirse a súa posta en marcha nalgunha vendima futura.

O Programa de Apoio ao Sector do Viño en España (PASVE) está dotado de 202,147 millóns de euros anuais para medidas específicas que contribúan a incrementar a competitividade do sector vitivinícola español.

Consulta aquí os cambios aprobados polo Goberno

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información