Desenvolvemento rural

O deputado provincial Javier Tourís recibe en Areeiro a estudantes do CFEA de Lourizán

O centro de investigación ofrece recursos cruciais para o combate a pragas e enfermidades vexetais na provincia de Pontevedra

Campo galego 09/05/2024 10:13 p.m.

O deputado provincial encargado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, recibiu un grupo de estudantes do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do CFEA de Lourizán nas instalacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Durante a visita, Tourís destacou a importancia do labor investigador que se leva a cabo neste "centro de investigación de referencia da Deputación de Pontevedra, que ofrecemos ao servizo de profesionais dos sectores agrícola, forestal e natural da provincia". Ademais, o deputado lembrou que o equipo técnico de Areeiro se dedica, entre outras actividades, a identificar as pragas e enfermidades que afectan aos cultivos e a desenvolver estratexias para o seu control.

Etiquetado
Ir a la portada