Carne

Nova poxa de Acruga en Seoane do Courel

Celébrase este sábado na IV Feira de Gando e poderase poxar por tres xovencas preñadas, procedentes da granxa Gayoso Castro, cun prezo de saída de 2.200 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/05/2024 7:25 p.m.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) levará a cabo unha nova poxa mañá, día 4, na IV Feira de Gando, celebrada en Seoane do Courel. Este evento  que se recuperou hai uns anos, comezará a partir das 12.30 da mañá. Poderase poxar por tres xovencas, de idades comprendidas entre os 25 e os 16 meses, e preñadas de entre 4 e 6 meses. 

Estes tres exemplares, proceden de dúas explotacións de Vilalba e dunha de Becerreá, aínda que a recría dos animais se levou a cabo no centro da granxa Gayoso Castro, onde Deputación de Lugo e Acruga traballan conxuntamente na recría de animais de pura para para dinamizar e potenciar a loura galega. 

As tres xovencas teñen un prezo de saída de 2.200 euros, e para incentivar a súa compra, Caixa Rural axudará con 200 euros por exemplar. Os interesados en adquirir algún destes animais poderán retirar o seu cartón desde unha hora antes. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Hai uns anos recibimos a solicitude do propio Concello de Folgoso do Courel, interesado en recuperar as antigas feiras de gando que tiñan lugar en Seoane dúas veces ao mes, e todas as poxas que celebramos desde entón finalizaron con boas cotizacións e con todas as xovencas adxudicadas. Esperemos que mañá tamén vaia ben”, sinala o presidente de Acruga, César Dourado.

As seguintes poxas nas que está a traballar esta asociación levarán máis xovencas a Cervantes, o próximo 11 de maio, e en Sarria, o día 12 do mesmo mes. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada