A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Nanta Dairy Robot optimiza o rendemento do robot de muxido

A marca lanza un penso específico para robot, así como un servizo de consultoría que inclúe monitorización continua dos principais parámetros da granxa. O obxectivo é aumentar a rendibilidade das explotacións

Nanta Dairy Robot optimiza o rendemento do robot de muxido

Un excepcional equipo de técnicos e pensos da máis alta calidade van da man en Nanta Dairy Robot, programa integral de nutrición e asesoramento para optimizar o rendemento do robot de muxido e mellorar a rendibilidade da granxa.

Nanta Dairy Robot comprende, por unha banda, unha ampla gama de pensos deseñados en exclusiva para ser empregados no robot de muxido; e por outro, servizos de consultoría para aumentar a eficiencia e os resultados da granxa. O servizo inclúe avaliacións e monitorización continua dos principais parámetros da granxa e indicadores dos robots de muxido para identificar puntos de mellora.

Novos pensos Dairy Robot: calidade, palatabilidade e dureza
O programa Nanta Dairy Robot engloba unha completa gama de pensos para robot de ordeño. Caracterizados pola coidada selección de ingredientes de calidade, a excelente palatabilidade e unha gran dureza, ademais do respaldo intrínseco dos anos de experiencia de Nanta, os pensos Dairy Robot contan con estritos controis de materias primas, provedores e dos produtos finais.

Pero Nanta ofrece tamén a posibilidade de deseñar especificamente solucións nutricionais adaptadas ás condicións de cada granxa, en función da xenética dos animais e o rendemento do rabaño. Así, Nanta Dairy Robot permite deseñar un plan de alimentación personalizado que combine forraxes da granxa, concentrado no carro unifeed e penso no robot (Dairy Robot).

Adicionalmente, os técnicos de vacún leiteiro de Nanta contan con equipos de nutrición de precisión portátiles (NIR – técnica de espectroscopia do infravermello próximo) para a análise in situ das forraxes. Unha ferramenta de gran interese se se ten en conta a gran variación nas dietas das vacas de leite robotizadas e a importancia de poder controlar as fluctuaciones na composición do alimento, evitando caídas de produción de leite e perdas de eficacia do robot de ordeño.

Consultoría da man dos mellores especialistas
Nanta Dairy Robot tamén ofrece asesoramento e consultoría para mellorar o manexo dos robots de ordeño. Así, a compañía conta cun excepcional equipo de técnicos especialistas en granxas con robot de ordeño. A través do programa, mediante a mellora do plan de alimentación, será posible mellorar os resultados técnicos e económicos das granxas robotizadas.

Print

Aprendizaxe continua
Grazas á monitorización e avaliación de diversos parámetros (produción e calidade de leite, censo de animais…) e indicadores que ofrecen os robots de ordeño (visitas, número e tempos de ordeño…) é posible detectar oportunidades de mellora para a granxa. Este é o fundamento de Nanta Dairy Robot: extraer aquela información relevante coa que detectar dunha maneira máis fácil que aspectos tratar e mellorar.

En conclusión, o obxectivo último de Nanta Dairy Robot é mellorar os resultados da granxa, incrementando a eficiencia e maximizando a produción, é dicir, maior rendemento e rendibilidade.

Entra en Nanta Dairy Robot e coñece como sacar o máximo proveito ao robot de ordeño.

Acerca de Nanta

Nanta é a compañía líder na fabricación e comercialización de pensos compostos na península Ibérica. Comezou a súa actividade no 1968 e desde entón o alto grao de compromiso cos seus clientes e o mundo da produción gandeira en xeral, a tecnoloxía empregada e os seus programas de I+D+i e calidade supuxeron un auténtico motor de avance para este sector industrial. Unha clara vocación e aposta pola innovación que a compañía mantén e manterá no futuro.

Englobada dentro da multinacional Nutreco, Nanta conta con 22 centros de produción dotados de tecnoloxía punta e todas elas certificadas na norma ISO 14001 de medio ambiente e ISO 45001 de prevención de riscos laborais. Cabe destacar sobre todo a certificación de seguridade alimentaria FSSC 22000, garantía da seguridade e a calidade dos produtos da compañía.

No seu portfolio de máis de 200 produtos atópanse alimentos para porcino branco e ibérico, para cunicultura e avicultura, para vacún de carne e de leite, ovino e caprino, e para a alimentación de cans, gatos e cabalos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *