Melloras de infraestrutura e tratamentos preventivos en montes do distrito forestal IX Lugo-Sarria

As acción consisten no arranxo de camiños forestais, actuacións en faixas auxiliares, adecuación de pistas ou intervencións en áreas cortalumes. Abarcan os concellos de Castroverde, Láncara, Lugo, Sarria, Guntín e Portomarín

Melloras de infraestrutura e tratamentos preventivos en montes do distrito forestal IX Lugo-Sarria

Imaxe durante a elaboración de traballos preventivos nos montes do distrito IX. // Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería do Medio Rural está realizando diversas actuacións preventivas en montes e infraestruturas do distrito forestal IX Lugo-Sarria, en concreto, nos concellos de Castroverde, Láncara, Lugo, Sarria, Guntín e Portomarín. Os obxectivos polos que se levan a cabo estas accións son evitar a propagación de incendios e facilitar as labores de prevención, ou extinción no caso de incendio.

Así, os traballos consisten no arranxo de camiños forestais mediante a execución de roza, faixas auxiliares, refino, planeo e escavación de cunetas ou colocación de canos nas pistas forestais dos montes de Guntín, Santa Uxea, Entrambasaguas e Pradeda -localizados no concello de Guntín-, e Biduedo, Sabadelle e Ferreira -no concello de Portomarín-. Nestes casos, a superficie que se está traballando correspóndese cun total de 45,39 hectáreas.

Outra das accións que se están a levar a cabo consiste na roza de matogueira e na realización de faixas auxiliares nas marxes de pistas forestais que atravesan os montes dos concellos de Castroverde, Láncara, Lugo e Sarria, incidindo ademais en áreas cortalumes. Con esta actuación búscase evitar a propagación de incendios forestais e facilitar o tránsito polo monte dos medios de prevención e extinción de incendios. Ao igual que as obras anteriores, estas tamén están situadas en zonas declaradas de alto risco de incendios forestais e abarcan unha superficie total, neste caso, de 66,99 hectáreas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información