A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

‘MAS Seeds’ aposta polos millos híbridos ‘Green+’, que toleran as secas estivais

A compañía desenvolveu e testou en campo unha liña de variedades adaptada ao cambio climático, que se incorporará no catálogo 2021

Que solucións ten o gandeiro fronte ao cambio climático?. Nas últimas campañas, o cultivo do millo forraxeiro enfrontouse en Galicia a algúns veráns especialmente secos e con altas temperaturas. Para superar estas circunstancias, unha das mellores alternativas que ten o gandeiro é a elección de variedades de millo adaptadas ao cambio climático.

En MAS Seeds, desde o inicio dos anos 2000, os nosos investigadores lograron pouco a pouco ir seleccionando as mellores liñas tolerantes a estas situacións de estrés por calor e seca. Controlando a mellora xenética desde o laboratorio molecular e testando o seu valor no campo e nas vacas, os nosos expertos conseguiron crear neste prazo un material moi produtivo e tolerante a este cambio climático.

Todos os híbridos procedentes deste novo material incorporaranse no catálogo 2021 na gama coa tecnoloxía GREEN+. Para o gandeiro, sementar mañá o millo GREEN+ suporalle cultivar un millo máis verde e máis rendible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *