A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Máis de 100 gandeiros coñecen as últimas innovacións de Bayer no cultivo de millo nunha xornada en Frades

Bayer e a súa marca de sementes de millo Dekalb presentaron este luns no concello coruñés de Frades os seus últimos avances no cultivo de millo. Fixérono dentro da xornada Bayer Arena, na que máis dun cento de gandeiros e técnicos visitaron un campo de ensaio na gandería SAT A Pedra.

Recollemos os testemuños do gandeiro e do equipo de Bayer:

Anxo Valiño, responsable de Desarrollo de Bayer na zona Noroeste:

“Estamos nun campo en Frades, que o denominamos Bayer Arena. É un dos 35 campos de ensaio que temos repartidos por toda Galicia, para o avance de produto a nivel local, principalmente na cornixa Cantábrica e en Galicia.

Neste campo, ademais de ter a xenética de presente e sobre todo de futuro, o que fixemos foi reunir a máis de 100 gandeiros arredor do cultivo do millo, non só ensinando xenética senón tamén mostrando cal é a nosa solución na parte dixital e na protección de cultivos.

Aproveitando esta xornada na que reunimos ao redor do cultivo de silo a todos estes gandeiros, aproveitamos para facer un novo lanzamento, un reforzo no noso catálogo, que está liderando o cultivo de millo de silo en Galicia. Falamos dun ciclo 400, que é o DKC 5432, o substituto natural do 5144. Por que o lanzamos? Pois principalmente por un parámetro importante en Galicia que é o stay green. Estes últimos anos tivemos anos complicados de falta de precipitación, co cal, este ano, foi bastante bo comparado cos anos anteriores, pero, históricamente, coa problemática metereolóxica, vemos que o factor de ter híbridos rústicos e con bo stay green, é importante sobre todo, por unha razón, a de conseguir dixestibilidade.

E o DKC 5432 non só supera ao seu predecesor en produción, senón que o supera en stay green e calidade.

O que estamos levando a cabo, a parte dos ensaios de xenética, que evidentemente son importantes para coñecer o presente e o futuro da xenética en millo de silo, é tamén traballar a parte de agronomía; é dicir, todo o que facemos a redor do cultivo, como preparamos as terras, a densidade á cal sementamos, o marco de sementeira….

Resultados positivos con marcos de sementeira de 50 centímetros entre filas

Neste sentido, estamos facendo unha serie de ensaios nos que comparamos marcos de sementeira de 70 cm entre filas respecto a un de 50 e vemos que un marco que nos está satisfacendo máis é o de 50. É dicir, reducir un pouco o marco de sementeira porque con iso aumentamos a distancia entre sementes na propia fila. Con iso cubrimos antes o terreo, co cal estamos favorecendo o control de malas herbas. En segundo lugar, dámoslle máis espazo á planta para poder esparcir a folla e a mazaroca. Ademáis, temos un mellor aproveitamento dos nutrientes do solo, pois pódese expandir mellor a raiz. E en cuarto lugar, temos tamén unha menor evaporación de auga, co cal, nos anos que veñen moi baixos a nivel de precipitacións, vemos que sementar a 50 favorece que non se evapore tanto a auga e quede máis no solo, co cal vaise aproveitar mellor polo cultivo.

Por outra parte tamén aproveitamos para compartir con estes gandeiros a nosa plataforma dixital FieldView que nos axuda a tomar decisións. Así, compartimos cos gandeiros a colleita en directo, unha colleita na cal utilizamos a nosa plataforma para conectarnos en remoto desde esta outra parcela coa colleitadora que estaba a 500 metros colleitando nunha leira na que fixemos sementeira variable de millo. É dicir, en función do potencial productivo de cada unha das partes da parcela, metemos máis ou menos cantidade de sementes, para que o propio cultivo se desenrolase ben e poder sacar a maior cantidade de materia seca por hectárea.

Juan Carlos Sánchez Meijide (SAT A Pedra):

Juan Carlos Sánchez Meijide é un dos socios de SAT A Pedra, a gandería de Frades na que se realizou o campo de ensaio. Nesta granxa traballan unha superficie dunhas 100 hectáreas, das cales en 55 hectáreas sementan millo.

“Agora mesmo estamos con DEKALB e traballamos sobre todo as variedades 500 todos os anos. Algún ano metemos algunha variedade 400.

Os ciclos longos sempre aportan un pouquiño máis de almidón, e nós traballámolos moito porque normalmente deixamos bastante terreo libre, o que nos permite meter este tipo de ciclos e así ter máis tempo. Esta marca, xa traballamos desde hai moitos anos, pero agora desde hai uns poucos anos sementamos todo de DEKALB.

O ano pasado foi unha campaña tirando a boa, non como a deste ano que é bastante boa, creo. Estamos sobre un 35-36% de almidón, e un 33-34% de materia seca.

Este ano é un ano excelente, pola climatoloxía veu un ano moi bo e a planta está moi verde. como ten que estar. Pero si, o ano axuda moito.

Montse Vázquez: Delegada de Bayer para a zona de Galicia, Asturias e Cantabria.

Estamos no concello de Frades, nunha finca da ganadería SAT A Pedra, e o obxectivo da xornada de hoxe é presentar as solucións de Bayer para o ano 2024 e a estratexia de empresa de cara ao futuro.

A día de hoxe Bayer, como empresa lider no mercado, está investindo moitos recursos para poder presentar unha solución ao agricultor. Esta solución implica xenética, protección de cultivos, os fitosanitarios e ferramentas dixitais. Hoxe imos ver novas variedades que serán lanzadas no ano 2024, e, ademais, veremos unha solución de ferramentas dixitais como é FieldView, e faremos unha colleita en vivo.

Neste campo temos variedades que xa se comercializan pero tamén temos variedades experimentais que se lanzarán ou non ao mercado en función dos resultados obtidos nos ensaios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *