Noticias de empresa

Iseran, un herbicida para o control das malas herbas en millo

SIPCAM Iberia destaca a eficacia do produto sobre dicotiledóneas

Campo Galego 17/04/2024 2:16 p.m.

Na campaña 2023, SIPCAM Iberia lanzou Iseran, un novo e sostible herbicida para aplicacións en pre-emerxencia e en post-emerxencia temperá das malas herbas.

Iseran posicionouse no mercado como “unha solución flexible para o cultivo de millo”, segundo destacou xa nun inicio o Product Manager de SIPCAM Iberia, Pepe Martínez. Doce meses despois do seu lanzamento, a compañía de sanidade vexetal demostrou o alto rendemento da súa nova. ferramenta.

No seu primeiro ano de uso comercial, máis de 40 agricultores leoneses puideron comprobar o pasado mes de xullo como Iseran pode converterse na clave para lograr unha campaña de éxito. Da man do equipo da compañía, comprobaron a súa efectividade no control de malas herbas durante unha demostración en campo.

[caption id="attachment_228844" align="aligncenter" width="660"] Demostración en campo do funcionamento do herbicida.[/caption]

“Puidemos observar que este herbicida ten unha alta eficacia fronte a dicotiledóneas (malas herbas de folla ancha) e que, combinado con outras materias activas, é capaz de reforzar a súa efectividade para o control de monocotiledóneas”, analiza a delegada de Field Marketing Patricia de Blas.

Iseran nace froito da tecnoloxía Microplus Technology ®, patentada por Sipcam-Oxon. “Está formado por Mesotriona en forma de suspensión concentrada, a cal actúa sinerxicamente coa Clomazona, que se atopa en forma de suspensión de microcápsulas”, explica o Product Manager.

Acción
O herbicida ofrece un modo de acción diferente ao resto, dada a súa composición. As dúas materias activas son absorbidas polas malas herbas, tanto polas follas como polas raíces, translocándose por toda a planta e logrando que non nazan as malas herbas ou unha necrose destas.

Con este herbicida, SIPCAM Iberia ofrece unha acción herbicida inmediata grazas á Mesotriona, mentres que as microcapsulas de Clomazona libéranse dun modo controlado, gradual e continuo. Desta forma, garántese unha eficacia máxima, así como maior persistencia de acción e selectividade para o cultivo do millo.

"Se os profesionais buscan unha estratexia para control de malas herbas en pre-emerxencia ou post-emerxencia temperá, ata tres follas, Iseran é dos poucos produtos do mercado que cumpren con eses requisitos"

Este formulado ofrece unha dose flexible que permite controlar as principais malas herbas de folla ancha e estreita das zonas de millo. Ademais, destaca pola súa capacidade de integración en calquera estratexia herbicida e non ten limitacións do seu uso nos anos seguintes.

“Se os profesionais agrícolas buscan unha estratexia para a súa campaña 2024 coa que controlar as malas herbas en pre-emerxencia ou post-emerxencia temperá (ata tres follas), Iseran é un dos poucos herbicidas que hai no mercado con estas características. Ademais, é un produto composto cunhas materias activas que non teñen restricións”, conclúe a delegada de Field Marketing da zona.

Acerca de SIPCAM Iberia
SIPCAM Iberia é unha empresa de I+D, márketing e comercialización de produtos fitosanitarios, bioestimulantes e nutricionais especiais, tanto químicos como biolóxicos, con vocación de liderado, que elabora solucións innovadoras de investigación e desenvolvemento agrícola, ofrece unha ampla carteira de produtos para os principais cultivos. A compañía destaca por unha liña de produtos seguros para o agricultor, o consumidor e o Medio Ambiente.

[box style="0"]

Para máis información

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada