A interprofesional láctea (INLAC) presenta este xoves en Lugo o seu estudo sobre o sector en España. O acto terá lugar ás 12:30 horas no Hotel Méndez Núñez.
A benvida aos asistentes ao acto correrá a cargo de Eduardo Baamonde, presidente de Cajamar; de Daniel Ferreiro, presidente da InLac; e de Raúl Ortega, director territorial de Cajamar.
A continuación, os coordinadores do estudo, Manuel Lainez e Edelmiro López, presentarán o libro que analiza a situación do sector lácteo en España. Por último, haberá un coloquio entre os asistentes para pechar o programa.
Loading ad.
Ad could not be loaded.