Leite

Importante caída do censo de xovencas leiteiras en España: Un 7,6% menos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
31/01/2024 8:02 p.m.

O Ministerio de Agricultura acaba de publicar os datos de situación da cabana de vacún de leiteiro en España a xaneiro de 2024, no que destaca a importante baixada do número de xovencas leiteiras, un 7,6% menos en relación a xaneiro do ano pasado.

A información elabórase cos datos do Sistema Integral de Trazabilidade Animal, ou SITRAN, a partir dos rexistros das comunidades autónomas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ao censo de xovencas, en xaneiro de 2024 alcanza os 256.650 animais, o que supón un descenso do 7,6% respecto ao mesmo mes do ano pasado e un descenso do 2,1% respecto ao mes inmediatamente anterior. A caída é menos acusada en Galicia, que concentra o 43% desta cabana e o 41% das vacas leiteiras adultas. O censo destas últimas é de 780.962 vacas , o que supón un descenso do 0,8% con respecto ao mesmo mes no ano anterior. Con respecto ao mes inmediatamente anterior obsérvase un aumento do 0,3%.

En canto á distribución do censo por comunidades autónomas, a que alberga maior censo de vacas leiteiras maiores de 24 meses é Galicia que, como pode observarse na seguinte gráfica, conta neste mes con 320.658 animais que representa o 41% do total de censo de vacas leiteiras, seguida de Castela e León con 90.333 animais (12%) e Cataluña en terceiro lugar con 74.822 animais (10%).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Causas da importante caída no número de xovencas

En canto ás causas da importante caída do número de xovencas, fontes do sector sinalan as seguintes:

-Menor necesidade de reposición por maior lonxevidade das vacas grazas ás mellores no benestar animal. "O gandeiro deuse conta de que o benestar dos animais ten unha relación directa coa durabilidade e produtividade dos mesmos, o que leva a animais de máis tempo nas granxas e con necesidades menores de reposición", explica Manuel Morales, veterinario de OCEVA S.Coop.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Uso cada vez maior de seme sexado, co que as gandarías conseguen planificar mellor a recría que necesitan e obtela. A tendencia é utilizar seme sexado en xovencas e razas cárnicas en vacas adultas e mesmo está a empezar a implantarse o uso de seme sexado de razas cárnicas, para obter un maior valor na venda de tenreiros machos de cruzamento.

-Maior profesionalización do sector que leva a unha xestión empresarial. A recría supón o segundo capítulo de gasto nunha granxa, por detrás da alimentación, polo que ter máis recría da que se necesita supón unha perda de diñeiro para a explotación, excepto nunhas poucas granxas que lograron notoriedade na venda de recría.

-"Moita gandarías prefiren importar as xovencas polos elevados custos e necesidades de crialas na explotación ou en centro de recría. Evítanse así ter un diñeiro inmobilizado, os riscos de que enferme e cómprana cando realmente a necesitan", engade Antonio Barreira, de Ganados Barreira SL.

-Por último, Manuel Morales, veterinario de OCEVA S.Coop apunta que "a incerteza na que nos movemos, desde o punto de vista normativo e a nova ordenación sectorial que vai restrinxir o crecemento desmesurado das granxas fai que as explotacións xa non pensen tanto no crecemento".

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada