Leite

“As granxas en Estados Unidos non gastan moito en maquinaria ou instalacións, pero son eficientes”

Entrevista a Noelia Silva del Río, investigadora galega especializada en vacún de leite e profesora de veterinaria na Universidade de California-Davis (Estados Unidos)

Loading ad.
Ad could not be loaded.
David Glez. Eirexas 22/04/2020 4:30 p.m.

O estado de California é unha das principais rexións produtoras de leite en Estados Unidos, cun sistema baseado en granxas altamente intensivas. Moitas destas explotacións foron visitadas por unha veterinaria galega, Noelia Silva del Río, docente no departamento de Saúde Poboacional e Reprodución da escola Veterinaria da Universidade de California Davis.

Ademais, lidera o programa de extensión gandeira en rabaños leiteiros, coa especialidade de saúde e seguridade alimentaria do rabaño.

Por que elixiches especializartee en gando vacún de leite e que che levou a traballar en Estados Unidos?
Desde sempre tiven un gran interese en entender a orixe, desenvolvemento e resolución do proceso patolóxico, así que considere que estudar veterinaria axudaríame a alcanzar ese obxectivo. Ao finalizar a carreira veterinaria no Campus Terra de Lugo, as oportunidades profesionais xurdíronme na área de gando vacún.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Despois de traballar un par de anos nunha cooperativa de gandeiros na zona de Bergantiños, entendín que o asesoramento en medicina do rabaño era a clave para o avance e desenvolvemento das gandarías leiteiras. Hai 20 anos os autores máis recoñecidos en España no tema de medicina da produción traballaban en Universidades de EEUU, e de aí naceu a idea de ampliar coñecementos neste país.

Cales consideras que son as grandes fortalezas e as debilidades das gandarías de vacún de leite en Estados Unidos?
No meu traballo teño a oportunidade de interactuar con grupos gandeiros internacionais. De maneira consistente todos os visitantes primeirizos traen unha idea preconcibida da gandaría de EEUU. Imaxínanas altamente mecanizadas e implementando os últimos avances en manexo. Sen embargo, ven que non encaixan no que esperaban, pero son “eficientes”. Son capaces de organizar o traballo e ter só 1 empregado por cada 100 a 120 vacas. Non invisten en grandes tractores, carros mesturadores ou salas de muxido sobredimensionadas se non o necesitan. As salas de muxido úsanse todo o día; só paran para limparse. En moitas gandarías teñen 2 quendas de traballadores de 10 horas por quenda.

 “En California as granxas teñen unha media de 1500 vacas e unha produción sobre 10600 quilos”

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Coa túa xa longa experiencia en California, ¿Como cualificarías a situación das gandarías de vacún de leite nese país en canto a manexo, alimentación e mellora xenética?
California é o estado agrícola número un dos EEUU, tanto como produtor como exportador. Cultívanse máis de 400 diferentes materias primas (noces, froitas, vexetais,..). Non obsante, o leite é a materia prima número un, con máis do 20% da produción de EEUU. Os rabaños teñen unha media de 1.500 vacas e no condado onde nós residimos de 1,800. A produción media por vaca e ano no estado de California está sobre o 10.600 kg.

No val central de California a maioría das explotacións son intensivas. Os produtores non teñen suficiente base territorial para producir todo o alimento das súas vacas. Cultivan millo para ensilar que o plantan en maio-xuño, e despois de cultivalo en setembro-outubro plantan trigo para ensilar. Tamén cultivan alfalfa da que poden conseguir de 6 a 8 cortes. Porén, aínda que parte do feno de alfalfa prodúcese na propia gandería, a maioría dos produtores dependen da alfalfa producida noutras partes de California ou Nevada e transpórtano por estrada. As granxas están localizadas preto doutras industrias agrícolas onde poden conseguir subproductos a bo prezo (pulpa de cítrico, casca de améndoa, semente de algodón, froitas de descarte....etc). O gran chega a California por ferrocarril dos estados do Medio Oeste que forman o cinto de millo dos EEUU. De maneira similar, en Galicia os produtores tamén dependen de materias primas importadas.

Unha das características das dietas de California que a fan diferentes de calquera outro lugar de EEUU é que teñen baixo contido en forraxe (35%), e alta incorporación de cascarilla de améndoa (10 a 15%).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“En California a ración ten baixo contido en forraxe (35%), e alta incorporación de cascarilla de améndoa (10 a 15%)”

Hai dous tipos de instalacións: as de cama libre, que son as máis modernas, e as de lotes secos, que requiren pouco investimento. O material de cama máis usado nas estabulaciones libres é o xurro seco; algo que agora se esta introducindo en Galicia. As instalacións de lotes secos, contan con galpóns en zonas algo elevadas, a sombra protéxeas do sol e choiva e o terreo en pendente serve para que caian as augas.

Aínda que o 99.9% das granxas en California son familiares, o tamaño é moi diferente ao das explotacións galegas. No condado de Tulare (California) a media de vacas por explotación é 1,800 (cun rango de 800 a 10,000 vacas por granxa) e as razas máis populares son a Holstein e o Jersey. Ao ser explotacións deste tamaño o gandeiro deixou de manexar a explotación leiteira directamente e ten empregados e encargados para realizar as tarefas diarias. O produtor leiteiro dedica moito tempo a visitas con consultores, a avaliar o mercado para decidir cando comprar materias primas, a atender a reunións de diferentes organizacións tales como cooperativas de leite, axencias regulatorias, asociacións de mellora xenética ou outras.

Que ensinos en manexo, alimentación...etc, cres que serían exportables para mellorar a situación da produción de leite de vaca en Galicia?
A maioría de prácticas de manexo que se realizan nas gandarías de California pódense ver en moitos outros lugares do mundo, e por suposto tamén en Galicia. O maior reto en temas de manexo é o da man de obra. É dicir, conseguir que o traballador chegue ao seu traballo puntual, desempeñe o seu traballo conforme ao descrito nos protocolos, que non abandone o seu posto de traballo e que estea motivado. En California os gandeiros levan moitas décadas dependendo de man de obra e tentando aprender a manexar empregados. Moitas explotacións en Galicia tamén teñen que contratar a persoal e comparten esa problemática.

“Os gandeiros de California son máis innovadores e arriscan para abaratar custos”

En Galicia é moi común o uso de robots de muxido para tentar diminuír a necesidade de contratación de man de obra. En California, os gandeiros tamén están a planterse incorporar robots de muxido. As dificultades de contratar man de obra cualificada, o incremento de salario basee e a incerteza política incita aos gandeiros a buscar alternativas.

A outra clave é a capacidade de innovar que ten o produtor en California. Están sempre abertos a oportunidades, por exemplo as gandarías leiteiras en California ensínannos que hai que aproveitar todos os recursos dispoñibles ao máximo: a) usar subproductos aínda que non sexan alimentos tradicionais (por exemplo leitugas, cebolas, patacas, bagazo...). 2) empuxar as forraxes ao mínimo para abaratar custos, 3). usar o xurro como cama...

En liñas xerais, os produtores en California son máis innovadores e teñen unha menor aversión ao risco. Iso é reflexo da cultura e tamén dunha economía mais forte.

Como ves o nivel técnico, de xenético do rabaño e de manexo das gandarías de Galicia en comparación coas de California?
En xeral creo que España temos un pouco idealizado o nivel xenético da gandaría de vacún de leite en Estados Unidos. Cando cheguei a California hai 10 anos a sincronización de celos non era tan común como é hoxe, xa que o uso de xiz na cola para detectar celos funciona bastante ben neste tipo de operacións. En animais con dificultades para preñar, adoitábase empregar a monta natural. Porén, nos últimos anos máis produtores fan sincronización de celos e xa non se ven currais de monta natural. Algúns gandeiros punteiros comezaron a usar xenómica para seleccionar o gando. É certo que a xenética do gando vacún leiteiro en Estados Unidos é moi boa, pero tamén o é en moitos outros lugares do mundo. O que dita a rendibilidade dunha explotación é a compra de insumos a baixo custo, minimizar os custos operativos e maximizar a produción.

En España a maioría dos consultores técnicos traballan dentro do marco de medicamento da produción e ofrece aos seus clientes servizos integrais: saúde, reprodución, nutrición, calidade de leite, podoloxía e asesoramento económico. En California, o veterinario ofrece servizos de saúde e reprodución, a inseminación realízaa un técnico que traballa para unha empresa de seme, a podoloxía está contratada a podólogos que aprenderon o oficio pola súa conta ou a realizan os propios operarios de granxa e a nutrición realízana zootecnistas. Se teñen problemas en calidade de leite probablemente consulten con varios dos seus provedores (químicos, manguitos, sala de muxido), a súa cooperativa de leite, o seu nútrologo e veterinario.

Con respecto a Galicia creo que aquí o gandeiro preocúpase máis de conseguir que os seus traballadores sexan eficientes e teñan o seu traballo organizado. Considero que en Galicia se podería mellorar máis a eficiencia a nivel de explotacion, sobre todo se a maquinaria e instalacións se axustasen ás necesidades.

Como é a ración habitual das vacas de leite en California? En que áreas detectas máis marxe de mellora?
En California hai pouca base territorial e os gandeiros compiten con ela con cultivos moi rendibles como pistachos, amendoeiras ou nogueiras, polo que deben sacarlle o máximo rendemento á terra e aproveitar os subproductos da agricultura para alimentar ao gando a baixo custo.

Mellorouse moito na última década na elaboración de ensilados pero é unha área clave. É importante que se cultive coa materia seca óptima, e se realice un bo empacado. Por suposto, os silos deben de estar cubertos e o avance da fronte debe de ser óptimo para evitar desperdicios. En California temos moitos silos con caras sobredimensionados (non se logra avanzar toda a fronte nun día). Os silos son de pila, e os laterais frecuentemente non están ben pisados.

En canto ao carro mesturador, é moi importante contar cun bo alimentador e permitirlle que traballe cun carro ben mantido, pois moitos carros mesturadores teñen as súas coitelas desgastadas. Aquí, as forraxes teñen un alto contido en cinzas e desgastan pronto as coitelas. O tamaño de partícula do feno en moitos casos é máis longo que o recomendado pero como a alfalfa é de tan boa calidade pódese evitar comportamentos de escollida. Ademáis, é moi importante asegurarse de que a báscula opera correctamente.

Respecto da preparación da ración, existe unha gran variación na exactitude coa que cargan os ingredientes diferentes operarios; uns son máis coidadosos que outros. É importante evitar erros de pesaxe para conseguir unha ración no pesebre que sexa o máis próxima á formulada.

En manexo do pesebre é importante vixiar que as vacas teñan sempre acceso adlibitum a comida fresca. En California aliméntase a 0 - 2 % de sobrante, e ás veces resulta difícil determinar se se lles proporciono o alimento suficiente. O empuxado frecuente da comida é esencial. Pero ademais temos que contar con que o consumo por curral varia de día a día; ás veces é a temperatura ambiental, cambios na rutina (atrasos no muxido, vacinacións, diagnósticos de preñez) ou variacións no número de vacas por curral (movementos programados ou erros á saída do ordeño). Ás veces atopámonos que o período sen comida é demasiado prolongado pola noite, non hai empregados nin alimentadores que vixíen os comedeoros.

En que áreas che gustaría seguir investigando no futuro e por que motivo?
Este ano seguirei traballando no que é a recría, e desenvolvendo alternativas ao uso de antibióticos. Con todo, sempre hai que estar aberto a novas oportunidades e necesidades.

[caption id="attachment_109692" align="aligncenter" width="660"] Típico establo de vacún de leite en California[/caption]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada