Carne

Gandeiros e tratantes reclaman que non sexa obrigatorio vacinar contra a lingua azul aos becerros que van ao matadoiro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
David Glez. Eirexas 27/11/2023 12:11 p.m.

Gandeiros e tratantes reclámanlle á Xunta de Galicia que no esixa vacinar contra a lingua azul aos becerros que van ao matadoiro, ao considerala unha medida innecesaria que só provoca prexuizos económicos a ambos colectivos.

Ata o de agora estaban declaradas zonas afectadas pola lingua azul as provincias de Ourense e Pontevedra, así como o sur da provincia de Lugo (comarcas de Sarria, Chantada e Lemos), pero dende a aparición a comezos deste mes de novos casos tamén en ganderías da provincia da Coruña toda Galicia está declarada zona restrinxida co que a partir de marzo -cando os mosquitos que transmiten a enfermidade volven estar activos- do vindeiro ano a Xunta vai esixir a obriga de vacinar todos os animais e desinfectar os vehículos de transporte previsiblemente en toda Galicia.

Precisamente esta medida de vacinación, en concreto dos becerros que van para o matadoiro, é a que máis rexeitamento suscita entre gandeiros e tratantes.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este último colectivo celebrou este venres en Lugo unha asemblea á que acudiron profesionais das catro provincias galegas e na que lle volveron reclamar á Xunta que non esixa a obriga de vacinar aos animais que van para matadoiro por considelrala unha medida innecesaria e que só lles provoca perxuizos económicos.

“A vacina só se lle pode poñer aos becerros a partir dos 4 meses de vida e hai que aplicarlles dúas doses, a segunda 21 días despois. Vémola lóxica se os animais van para vida, ou para feiras ou exposicións, pero non cando se trasladan directamente da gandería ao matadoiro, como é o caso do 85% dos becerros que se envían para matadoiro en Galicia”, explica Enrique Otero, presidente da Asociación Galega de Tratantes.

E é que para este colectivo supón un importante sobrecusto económico: “Obríganos a facer moitos máis desprazamentos ás ganderías cos camións, co sobrecusto de gasóleo e horas de traballo, porque moitas veces os becerros non están todos vacinados e tes que ir varias veces”, explica.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mentres nos cebadoiros é máis fácil a vacinación dos becerros para a abasto contra a lingua azul non ocorre o mesmo coas pequenas e medianas ganderías.

"Os gandeiros que non están en ADS son os que máis problemas teñen para vacinar os becerros"

Unha idea que confirma Samuel Formoso, gandeiro e responsábel do sector da carne no SLG-CCLL e vogal na IXP Vacún de Galicia.

“Nós xa levamos advertindo de que esta esixencia non é lóxica do punto de vista sanitario e para o gandeiro, a parte da perda de tempo, supón un importante gasto económico, especialmente se non están nunha ADS”, explica.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Se estás fóra dunha ADS moitas veces é difícil atopar un veterinario que che queira vir poñer a vacina aos becerros porque non todos pediron autorización á Xunta xa que non lles é rendible. E se consegues que veña o custo do desprazamento máis o do traballo fai que saia moi caro para o gandeiro. Coñezo un caso dun gandeiro de Sarreaus que non estaba nunha ADS e ao que o veterinario lle cobrou 70 euros porque tivo que vir de lonxe, da comarca de Viana do Bolo”, asegura Samuel Formoso.

Unha enfermidade que se transmite pola picada dos mosquitos

A lingua azul é unha enfermidade vírica de carácter infeccioso non contaxioso (non se tramite por contacto directo duns animais a outros), transmitida por diferentes especies de mosquitos do xénero Culicoides (vectores biolóxicos) que transmiten a enfermidade pola picadura a animais infectados e posterior picadura a animais sans.

Nese senso, cómpre sinalar que a lingua azul non é unha zoonose, é dicir, non é transmisible ás persoas, nin por contacto directo cos exemplares positivos nin por consumo de produtos cárnicos.

A época estacionalmente libre do vector, é dicir, época na que non hai mosquito transmisor é no inverno.

As principais consecuencias da declaración dunha zona restrinxida para o sector gandeiro de bovino e ovino consisten en que durante a época de circulación do vector existen restricións aos movementos dos animais vivos sensibles se non se realizou a vacinación previa, así como da existencia de trabas á exportación a terceiros países de animais e os seus produtos e subprodutos

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada