Leite

Galidiet, leite para becerros e rehidratantes contra as diarreas da máxima calidade

Trinta anos de experiencia na súa propia explotación levou a Eliseo López a dar coas fórmulas e os mellores produtos que garanten un óptimo crecemento dos animais e un bo estado de saúde na fase de lactación, a máis importante do período de recría

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/09/2023 12:36 p.m.

[caption id="attachment_206379" align="aligncenter" width="660"] Eliseo López, na planta de fabricación de Galidiet no Arneiro[/caption]

Eliseo López ceba uns 2.000 xatos ao ano na súa granxa do Arneiro, no concello lugués de Cospeito. É unha explotación que leva 30 anos dedicada á recría de becerros e que neste tempo desenvolveu as súas propias fórmulas de leite en po e de produtos dietéticos, que agora saen ao mercado baixo o nome de Galidiet.

O seu obxectivo é compartir con outras ganderías a experiencia adquirida. “Nós sufriamos os problemas habituais de diarreas e obtiñamos un baixo crecemento nas idades temperás cos leites que había no mercado. Iso levounos a desenvolver os nosos propios produtos, primeiro para consumo noso e agora para que poidan usar tamén outras granxas”, explica Eliseo.  

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sufriamos problemas habituais de diarreas e baixo crecemento nas idades temperás cos leites que había no mercado

Os produtos de Galidiet son produtos de máis calidade polos ingredientes que levan e polo coñecemento que lles proporcionou pasar máis de 15 anos facendo leite todos os días para máis dun cento de becerros. “Son produtos testados e que funcionan, levamos xa máis de 30.000 becerros alimentados con esta fórmula propia de lactoreemprazante”, conta Eliseo.

Os nosos produtos están testados, levamos xa máis de 30.000 becerros alimentados con esta fórmula

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No seu cebadeiro non se usa ningún outro produto, nin leite nin antidiarreicos, que os fabricados por el mesmo. “A maioría das diarreas habituais que poden darse nunha explotación poden solventarse con estes produtos. Dada a súa eficacia, evita ter que usar outros tratamentos veterinarios ás explotacións, logrando un considerable aforro económico”, asegura.

De gandeiro a gandeiro, sen intermediarios

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Galidiet non é unha multinacional farmacéutica, senón unha explotación de gando vacún que decidiu compartir o seu saber con outras granxas, destacan. “Fabricamos para nós e baixo pedido para os nosos clientes; ao ser unha fábrica pequena podemos facer produtos a demanda coas características que nos demanda o cliente, mesmo personalizados a nivel de marca e imaxe”, salienta Eliseo.

Os derivados lácteos que usan como materias primas proceden de empresas asentadas en Galicia

Buscan acurtar as cadeas de subministro e traballar sen intermediarios, de gandeiro a gandeiro. As materias primas que usan para elaborar os seus produtos son tamén de orixe local, derivados lácteos que proceden de empresas asentadas en Galicia, aos que se engaden outros ingredientes específicos adquiridos nos mercados internacionais.

Teñen distribución propia para pedidos de maior tamaño e os produtos de Galidiet poden atoparse tamén nas comerciais agrícolas e veterinarias de confianza por toda Galicia.

[box style="0"]

Leite en po que garante unha maior asimilación e crecemento e sueros antidiarreicos 100% eficaces

O leite maternizado de Galidiet está elaborado a base de ingredientes lácteos para conseguir unha maior asimilación e un maior crecemento por parte dos animais lactantes. “O noso produto chámase É leite porque iso é o que é, leite; non leva substitutivos e por iso os animais asimilan mellor o que toman e medran máis”, asegura Eliseo López.

O lactoreemprazante de Galidiet comercialízase baixo tres formulacións diferentes, pero todas levan materias primas de primeira calidade, entre elas leite enteiro en po, que é unha das características diferenciadoras do produto; leite desnatado en po, soro e concentrado de proteína láctea.

Ademais da compoñente alimenticia, o ovo ten un poder inmunolóxico que axuda a que os animais non enfermen

Na súa composición figura tamén levadura de cervexa, que lle aporta maior dixestibilidade; correctores vitamínicos minerais e ovo seco en po. “Antigamente os gandeiros daban ovos aos becerros e ás vacas porque o ovo ten un poder alimenticio que todos coñecemos, porque é unha das proteínas da natureza máis dixeribles xunto coa do leite, pero a maiores o ovo ten un poder inmunolóxico que axuda a que os animais non enfermen”, detalla Eliseo.

Con menos leite conseguimos máis crecemento, o que supón un importante aforro para as ganderías

O leite maternizado de Galidiet conta con tres gamas de prezo diferentes, en función dos seus compoñentes nutricionais, que se adaptan ás necesidades de cada tipo de explotación:

Estas tres gamas de produto están indicadas desde o nacemento do animal ata a idade de destete establecida en cada gandería. “Cos nosos produtos conséguese acurtar o período de lactación e aforrar cartos, xa que con menos leite conseguimos máis crecemento”, asegura Eliseo.

Neodiet Plus

O produto Neodiet Plus é un suero rehidratante con propiedades antidiarreicas para tratamento e convalecencia da descomposición en animais que estean en fase de lactación.

A súa eficacia deriva do seu alto contido (30%) en sementes de plantago ovata, unha planta que provén da India e que proporciona regulación intestinal. Trátase dun regulador natural do tránsito, moi rico en fibra, que desta forma absorbe auga dentro do intestino e axuda a que as diarreas e a perda de auga se corten rapidamente.

O plantago ovata é un regulador natural do tránsito intestinal que corta rapidamente a deshidratación

O segundo compoñente en importancia (8%) é o propionato sódico, que é un axente alcalinizante que combate a acidez estomacal que se produce cando hai diarrea. “Case todos os produtos deste tipo que hai no mercado levan bicarbonato, que mesturado co leite fai que non coagule, polo que non cortamos a diarrea. Sen embargo se en vez de bicarbonato lle votas propionato fas que o leite sexa básico pero ao mesmo tempo permite que calle e ten a maiores un compoñente alimenticio”, explica Eliseo.

Ao levar propionato sódico en vez de bicarbonato non é necesario retirar o leite durante a fase de tratamento e recuperación

Esta característica permite que Neodiet Plus se poida dar tanto con auga como con leite, para aqueles gandeiros que prefiran non sacar o leite aos animais durante esa fase. O produto preséntase en paquetes de 100 gramos, a cantidade equivalente a unha dose. Recomendamos cantas máis tomas mellor, para axudarlle ao animal a rehidratarse, pero como mínimo débense dar dúas tomas ao día”, aclara.

Neodiet Plus preséntase en sobres de 100 gramos para mesturar con auga ou con leite nas distintas tomas

Os sobres de Neodiet Plus levan ademáis minerais, para suplir os desequilibrios electrolíticos que se producen nunha dierrea; levadura de cervexa, que aporta maior dixestibilidade e fai que se recupere a microbiota intestinal; ovo, que aporta enerxía e protección a nivel gastrointestinal e incluso a nivel local polas inmunoglobulinas; dextosa, que aporta enerxía e o poder alimenticio que o animal necesita cando ten diarrea, e glicina.  

Readiet Stop

Dentro do catálogo de produtos de Galidiet está tamén Readiet Stop, con funcións antidiarreicas, ao igual que o Neodiet Plus, pero con menor porcentaxe de plantago ovata e menor poder alimenticio.

Está indicado para diarreas menos graves nas que o animal enfermo non necesita tanto aporte nutricional. Pode utilizarse con carácter preventivo e está pensado para un uso máis diario, polo que se presenta en caldeiros de 3 kg, recomendando aplicar 50 gramos en cada dose, polo que chegaría para 60 tomas.

Os produtos de Galidiet están formulados tanto para gando vacún como para ovellas e cabras

Ao igual que as distintas gamas de leite, os produtos dietéticos para o tratamento da diarrea de Galidiet están formulados tanto para gando vacún como para outros rumiantes, como ovellas ou cabras.

[/box]

[box style="0"]

Para recibir mostras ou coñecer máis información sobre os produtos de Galidiet chamar ao teléfono 606044802 ou mandar un email a infogalidiet@gmail.com.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada