A Fonsagrada celebra este sábado a recuperada Feira de San Marcos

Acudirán gandeiros de toda a comarca con animais de distintas razas cárnicas como rubia galega, asturiana, limusín, salers, angus, charolesa, blonde, vianesa ou cachena

Feira de San Marcos A Fonsagrada 2022Este sábado 22 de abril A Fonsagrada volve celebrar a Feira de San Marcos, na que participaran ganderías locais e doutros concellos da montaña de Lugo con animais de distintas razas de produción de carne de vacún. 

O Concello recuperou o ano pasado esta feira anual que levaba catro décadas sen celebrarse e que tradicionalmente era unha das feiras de ano de referencia na comarca. 

Conta coa colaboración da Asociación de Gandeiros da Fonsagrada (ASGAFON), a Asociación de Criadores de raza Rubia Galega (ACRUGA) e a Asociación Gandeiros Galegos da Suprema. 

O Concello recuperou o ano pasado esta feira, que era todo un referente nesta comarca da montaña

Agárdanse superar as expectativas do pasado ano, na que se xuntaron 150 animais pertencentes a ganderías da Fonsagrada e de outros concellos da provincia e de Asturias.

A feira terá lugar no Mercado gandeiro comarcal da Fonsagrada. No pavillón cuberto só poderán entrar as reses que teñan o regulamento sanitario da feira, pero a organización habilitará unha zona do recinto feiral para o gando que non cumpra o regulamento sanitario da feira.

Poderán concorrer todos os gandeiros cun máximo de seis reses por gandería. A feira contará coas seguintes razas de gando: Rubia Galega, Asturiana, Limusín, Angus, Charolesa, Yersei, Vianesa, Salers, Cachena, Parda Alpina e Blonde Aquitania.

As persoas que acudan á feira poderán disfrutar de degustación gratuíta de Tenreira Galega Suprema.

Feira San Marcos A Fonsagrada 2023

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información