Finaliza a primeira fase de obras no centro de formación agroforestal de Sergude

Finaliza a primeira fase de obras no centro de formación agroforestal de Sergude

Un momento da visita ás obras.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, do director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, e do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, realizou onte unha visita técnica ás obras do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, que vén de rematar a primeira fase das súas actuacións de acondicionamento.

Nesta visita técnica tamén participou o propio director do centro, Juan Carlos Ferreras, ademais de Magdalena Portela, Jorge Salgado e Celso López, arquitectos responsables -xunto a César Portela- desta fase do proxecto, que incluíu a reforma da actual residencia de estudantes e a construción dun novo edificio. Isto permite a potenciación e mellora das instalacións, ademais de incrementar o número de prazas da residencia, pasando de 52 a 82, para poder responder á demanda existente en consonancia coa oferta do centro.

Tanto o novo edificio como as instalacións remodeladas responden a criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética. Ambas edificacións contan cunha fachada ventilada en madeira galega, no marco da aposta do Goberno galego pola utilización deste material na construción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información