Festa do Requeixo este domingo na Capela

REQUEIXO_MEL__01_STANDAR_O municipio coruñés da Capela celebra este domingo, 27 de agosto, a Festa do Requeixo, festa de gran tradición e popularidade á que asisten centos de visitantes para comprar e degustar este produto tradicional galego, elaborado de forma artesanal con leite de gandarías da zona, e que se adoita consumir endulzado con azucre ou mel.

A Festa do Requeixo, que chega á súa edición número 33, comezará ás 11.00 horas coa actuación musical do grupo Silbarda. A as 12.30 horas oficiarase a misa e ás 13.15 horas darase lectura a o pregón e comezará a venda de tickets e a degustación de requeixo. Ás 13.45 horas haberá sesión vermú co grupo Non Rem.

Pola tarde continuará a festa: ás16.30 horas será a quenda de Os Sobrados de Bergondo e ás 17.30 horas animará a festa Brassica Rapa. Ás 19.30 horas terá lugar o espectáculo Maxia na Manga e ás 19.30 horas comezará a actuación do grupo Encrucillada.

Os asistentes tamén poderán tomar manxares como pan, queixo ou empanada, entre outros, ademais de gozar de diversos actos lúdicos como exposicións de artesanía e maquinaria e mostra de oficios, e visitar os postos de alimentación que se instalarán para a ocasión.

CARTAZ REQUEIXO CAPELA 23

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información