Feira do Viño este fin de semana en Quiroga

Publicidade

A vila luguesa de Quiroga celebra este fin de semana, 30 e 31 de marzo, a súa Feira do Viño, que xa chega á súa edición número 42.

A feira, na que se promocioan os viños da comarca e outros produtos típicos, terá lugar no  Museo Etnográfico da localidade, situado no edificio do Auditorio Municipal, e no Recinto Feiral.

Os días previos á Feira do Viño, celebráronse diversos actos, algúns dos cales foron os seguintes:

De o 18 ao 26 de Marzo celebrouse o o XII Concurso Val de Quiroga de Tapas.

O venres 22 foi inaugurada unha exposición de pintura titulada Contrastes na Sala Municipal de Exposicións.

E mañá venres 29, ás 18.00 horas haberá unha cata de viños da Ribeira Sacra na praza Maior e ás 22.00 horas na rúa Lago terá lugar a actuación musical de Mario Colomán & The Clocks Band.

Pero os días grandes da Feira do Viño de Quiroga serán este sábado e domingo, co seguinte programa:

Sábado:

A as 11.30 horas terá lugar o XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas Memorial Muíño con Desfile das Bandas pola rúa Real e posterior actuación das mesmas na praza de España.

Ás 11.45 horas levarase a cabo a inauguración no recinto feiral polos membros do grupo de goberno.

A as 19.00 horas terán lugar a actuación musical do grupo Cantos da Terra e ás 20.30 horas Afra Blanco realizará a lectura do pregón. Ás 21.00 horas terá lugar a entrega de premios do Concurso de Camisetas Feira do Viño 2024, e a esa mesma hora comezará a festa co disco móbil LB.

Domingo:

A as 11.00 horas comezará a alborada e a animación a cargo do grupo de gaitas O Recanto. Ás 12.30 horas levará a cabo na Casa do Concello a recepción de autoridades. Ás 12.45 horas levará a cabo a entrega de trofeos aos adegueiros e ás 13.00 horas a actuación do grupo de gaitas Érbedo.

Pola tarde, a partir das 18.00 horas, terá lugar a representación De pura cepa, unha escenificación teatralizada de homenaxe aos viticultores. A as 18.30 horas actuará a charanga Fuego.

feira-do-viño-quiroga_img2163n1t0 feira-do-viño-quiroga_img2163n2t0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información