Noticias de empresa

Evolya, o novo herbicida de Syngenta para pre-emerxencia e post-emerxencia en millo

08/05/2024 5:31 p.m.

[caption id="attachment_230401" align="aligncenter" width="1600"] Presentación de Evolya no III Congreso Ibérico do Millo celebrado en Lisboa en febreiro[/caption]

Syngenta España dispón para este 2024 dun novo herbicida para o control de malas herbas en millo. Trátase de Evolya, indicado tanto para para pre-emerxencia como post-emerxencia precoz dun amplo espectro de infestantes e que ademais presenta un excelente grao de selectividade para o cultivo.

Nun contexto europeo no que os agricultores dispoñen de cada vez menos sustancias activas para o control de malas herbas, Syngenta presenta este novo herbicida a base de mesotriona, que destaca pola súa eficacia e carácter selectivo para o control de malas herbas no cultivo do millo en pre e post-emerxencia.

O produto é absorbido polas follas e raíces, e traslócase vía xilema e floema. Actúa bloqueando a encima HPPD (p-hidroxifenil- piruvato-deshidroxenasa) presente no citoplasma e cloroplastos das plantas. Como consecuencia inhíbese a síntese de carotenoides, que protexen á clorofila da oxidación por luz solar, resultando nun blanqueado da follaxe das herbas en 3 a 7 días, o que posteriormente se torna necrótico producíndose finalmente a morte da planta despois de 1 a 2 semanas da aplicación, dependendo das condicións ambientais e da herba tratada.

Para máis información

Etiquetado
Ir a la portada