Carne

Etiquetaxe dos pensos: Desviacións encontradas nas inspeccións e melloras a aplicar

O correcto etiquetado dos pensos para animais é un elemento imprescindible para saber que consomen os animais de granxa. Podería parecer un asunto banal, mais a correcta nomenclatura de cada elemento axuda á trazabilidade do penso con que alimentamos ao gando. Non só están os erros nos nomes e descrición de cada produto, o etiquetado debe ser claro para garantizar a calidades dos mesmos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ramón Mariño Fdez. 14/08/2023 1:54 p.m.

A "XV Xornada Técnica para Responsables de Calidade das Fábricas de Galis" ofreceu ao público a intervención de Juan Gómez Apesteguía, xefe de seguridade alimentaria da Consellería de Medio Rural, ademais de asesor de AGAFAC. Esta intervención quixo demostrar que, aínda a día de hoxe, o etiquedato dos pensos para animais de explotacións agrogandeiras e tamén de compañía, presentan desviacións, erros intencionados ou non e nomenclaturas de substancias alimentarias ás veces descoñecidas dentro do mercado tanto galego como no resto do Estado. Porén, Gómez Apesteguía comezou a súa intervención aclarando uns conceptos básicos para o traballo da inspección alimentaria gandeira como son as obrigas de gardar mostras de produtos que se van usar na fabricación de pensos.

Conservación de mostras

A primeira parte da intervención de Juan Gómez Apesteguía consistiu en explicar as recomendacións sobre as condicións para o cumprimento das disposicións establecidas no Anexo II do Regulamento 183/2005, concretamente o apartado “Control de calidade”, e dentro del, sobre a mostrateca. Este último concepto é o conxunto de mostras recollidas nun establecemento produtor de pensos. Ditas mostras representan cada lote de ingredientes que forman parte dun penso composto e de cada lote de produto acabado. Estas recomendacións para o correcto cumprimento sobre a mostrateca foron aprobadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) o 22 de marzo de 2022.

O obxectivo do Regulamento 183/2005 remarca que, coa finalidade de garantir a trazabilidade, os fabricantes deberán conservar documentos sobre as materias primas dos pensos compostos. Os documentos deberán estar a disposición das autoridades durante “un periodo acaído co uso para o que comercializan o produto”. A isto engaden que se deberán conservar “cantidades suficientes” tanto de ingredientes e lotes de elementos fabricados e comercializados ou “de cada fracción específica da produción (de ser unha produción continua)”, para garantir a trazabilidade. Todo isto farase mediante un procedemento establecido previamente polo fabricante.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As mostras deberán ser gardadas de tal maneira que quede garantida a súa identificación e a súa conservación farase en condicións de almacenamento que eviten a posibilidade de modificación anormal na composición ou mesmo de adulteración. Estas mostras tamén permanecerán ao dispor das autoridades competentes durante un período axeitado para o fabricante. No caso de pensos para animais non destinados a producir alimentos, o fabricante só terá que conservar mostras do produto acabado.

A dúbida xorde arredor do concepto “mostra suficiente”, é dicir, a cantidade estimada como necesaria para realizar as probas necesarias de cara ás analíticas que se apliquen. As cifras concretas segundo as recomendacións do MAPA serán: 500 gramos (g) en canto pensos sólidos e 500 mililitros (ml) en pensos líquidos ou semilíquidos. Os aditivos de alto custe e as materias primas de moi baixa porcentaxe de inclusión en fórmula, poderán gardar mostras cunha cantidade mínima de 100 g ou ml. Será así no caso de acreditarse que non serán necesarias cantidades maiores para as análises.

Obxecto: trazabilidade

O Regulamento (CE) 767/2009, sobre comercialización e utilización de pensos, sinala que: “o etiquetado cumpre con obxectivos en materia de aplicación da lexislación, trazabilidade e control”. Por outra parte, as etiquetas deben ter información para que os compradores poidan escoller o tipo de penso que cubra as súas necesidades, para iso debe ser “consistente, coherente, transparente e comprensible”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O artigo 4 do mesmo Regulamento ten uns requisitos de seguridade e comercialización para os comercializadores de pensos que deberán garantir que estes produtos estean etiquetados, envasados e presentados de conformidade coas disposicións establecidas segundo o Regulamento mencionado e outras lexislacións

Por tanto, o etiquetado dos pensos obedece ao seguemento dos mesmos desde a recollida das materias primas até que son postos no mercado. Así, e segundo o que di o Regulamento (CE) 178/2002, sobre os procedementos relativos da seguridade alimentaria, sinala no seu artigo 18 en referencia á aplicación da trazabilidade. En todos os pasos da produción, da transformación e da distribución deberá asegurarse a trazabilidade de alimentos, pensos e animais destinados para alimentación e calquera outra substancia destinada para a súa incorporación nun alimento ou nun penso, ou coa probabilidade de ser engadida.

É por iso, que o mesmo artigo no seu punto 4 insiste en que os alimentos ou pensos comercializados ou con posibilidades de seren comercializados na UE, deberán estar debidamente etiquetados. Todo para facilitar a trazabilidade con documentación e información segundo disposicións máis específicas. Todas as cuestións anteriores inclúen o etiquetado dos pensos elaborados na fábrica, senón tamén aqueles que mercou o fabricante dentro da avaliacón de provedores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Erros frecuentes

Os erros máis frecuentes no etiquetado son lapsos ou equivocacións. Non obstante, hai erros na redacción do documento ou foi redactada para a confusión do cliente. A finalidade é que crea estar mercando un produto diferente do que é realmente, salvar trámites administrativos, ampliar o número de clientes.

As inspeccións tamén detectaron que a maioría das etiquetas con erros corresponden a “penso complementario” cando non o son. A definición de “penso complementario” é a dun penso composto cunha proporción máis alta de determinadas substancias aínda que, debido a súa composición, non é abondo para unha ración diaria de non ser que se mesture con outro penso (Regulamento (CE) 767/2009). Fronte a esta definición temos a do “penso composto”, unha mestura de polo menos dúas materias primas para pensos, tanto ten se levan aditivos para penso ou non, e que serven para alimentar animais por vía oral como penso completo ou complementario.

Mostra de erros

Juan Gómez Apesteguía mostrou algúns exemplos de etiquetado con erros que demostran a “habilidade” dos productores en canto poder superar algunhas normativas. Na primeira diapositiva mostra unha etiqueta de “penso composto”. Os compoñentes son polpa de chicoria e aditivos. O penso composto debe ter dúas materias primas, aquí só hai unha, primeira cuestión. Ademais, o vendedor quere facer pasar como materia prima un aditivo, a bentonita, usada para reudicir contaminación por microtoxinas. E neste caso, o 85% do penso é bentonita.

Esta estiqueta describe unha premezcla, é dicir, un aditivo diluído nun soporte, neste caso a chicoria. A causa de posible infracción está en que o fabricante sabe que vende unha premezcla e só podería vendela a fabricantes de penso. Por que o fai? Aumentar o número de clientes de maneira ilegal.

O segundo exemplo é unha etiqueta que presenta un “alimento completo” para rumiantes. O etiquetado, se se examina con claridade, mostra un penso complementario. O fabricante corrixiu este dato, mais hai outro que é intrigante: “aportar regularmente durante períodos de stress cando máis risco teñen os animais”. Risco de que? A etiqueta viña en castelán e portugués e nesta parte poñía: “reporta inmunidade”, un alimento? A composición pola súa parte aportaba carbonato cálcico e litoteme. Isto último é unha alga e esta descrición non vén na etiqueta.

A terceira etiqueta indica que “axuda en caso de cetose e desordes metabólicos postparto por desequilibrios nutricionais”. Se fala de cetose é unha indicación terapéutica. O produto en cuestión debera ser presentado como penso dietético. Nun seguinte exemplo, o penso di ter compostos anti-salmonela, cando non existen tales compostos.

A seguinte indica que é aceite de soia G.M.O., o que non indica é o significado: aceite obtido a partir de soia modificada xeneticamente, que sería a denominación legal. Por último, hai quen etiqueta sen ter en conta certos parámetros aínda que se ofreza toda a información necesaria. Por iso, neste último caso, houbo un aviso e o fabricante rectificou e realizou a nomenclatura segundo lexislación.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada