Leite

Estes son os 17 animais que este sábado se poxarán en Sarria

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/05/2024 10:57 a.m.

Africor Lugo organiza este sábado, 11 de maio, unha poxa de gando frisón na vila de Sarria. Será ás 12:00 horas no mercado gandeiro, e nela colaboran o concello, a cooperativa AIRA, a Xunta de Galicia e Xenética Fontao.

Nesta ocasión poxaranse 17 animais, dos cales 14 son primeirizas e o resto xovencas próximas ao parto.

“Hai moitos animais con proba xenómica, animais A2A2 e animais procedentes das mellores familias americanas, unha boa ampla oferta para escoller os animais que mellor se axusten as súas necesidades”, destacan dende Africor Lugo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Engaden que “é a mellor acosición para mercar animais, pois trátase de exemplares procedentes de ganderías de Lugo, cunha sanidade e xenealoxía contrastadas”.

“Mercando animais procedentes de ganderias da nosa provincia, ademáis de beneficiarnos do traballo de mellora que estan realizando as explotación galegas, estamos contribuindo a economía local, pois ese diñeiro pasa a mans doutro gandeiro, axudando así uns a outros”, subliñan.

Consulta aquí o catálogo de animais

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada