Noticias de empresa

“Estamos moi satisfeitos coa astilladora Bruks: é sinxela, con bo rendemento e produce unha astilla de alta calidade”

25/06/2021 10:23 a.m.

[video width="640" height="352" mp4="https://www.campogalego.gal/wp-content/uploads/2021/06/astilladora-bucks-logmax-foresgal-1.mp4"][/video]

FORESTACION GALICIA S.A. é unha empresa de servizos forestais que leva traballando máis de 15 anos en temas relacionados con enerxías renovables, especialmente en temas relacionados con biomasa.

Neste contexto realizamos todo o proceso desde a xestión da biomasa en monte até a súa fabricación e promoción de instalacións xeradores de enerxía térmica con biomasa.

No ano 2017, despois dun concienzudo análise das marcas que nese momento daban mellores resultados, adquirimos a astilladora Bruks 806 ST de 386 Kw á empresa LOG MAX IBERIA SL.

Pareceunos que BRUKS era unha máquina dunha marca de astilladoras de toda a vida, sinxela de concepción, cun bo rendemento e que producía unha acha de alta calidade, con fácil mantemento e un servizo técnico próximo que en caso de problemas podería desprazarse con rapidez ás nosas instalacións de fabricación de astilla clasificada para enerxía térmica en Ourense.

Somos unha empresa que pola nosa actividade manexa e ten en propiedade maquinaria pesada tipo bulldozer, motoniveladoras, retroexcavadoras, etc. Neste sentido, para a realización de obras forestais, fixemos varias propostas para adaptar a máquina ás nosas necesidades que levaron a cabo por parte de BRUKS E LOG MAX con moita profesionalidade.

Tres anos despois de adquirir a máquina puidemos comprobar que os criterios que nos levaron a elixir esta máquina entre as demais astilladoras do mercado foron correctos. Nestes anos a máquina non tivo problemas reseñables e cando xurdiu algún polo normal funcionamento dunha máquina destas características, o persoal de LOG MAX IBERIA demostrou a súa profesionalidade para resolvelo dunha maneira rápida e eficaz”.

Etiquetado
Ir a la portada