As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a continuidade sen cambios de todas as cotizacións, tanto en Ternera Gallega como en gando de recría, abasto e vacún maior.
En canto ó mercado, a asistencia de gando foi inferior á habitual, probablemente pola Semana Santa. Entraron no recinto 1.771 reses, 376 menos que na anterior sesión. Houbo 1.462 cabezas de vacún menor, 175 de vacún mediano e 134 de vacún grande.
Máis información
– Táboa completa das cotizacións do mercado de Amio (23-III-2016)