CASEFOR, Capacitación de Servizos Forestais SL, é unha empresa especializada na corta e saca de madeira e cun forte compoñente de formación. O labor do persoal en campo é optimizar o seu tempo de produción no monte. A persoa que se incorpore, actuará de facilitador ou facilitadora.
É unha posto clave e central co fin de integrar mellor o que sucede no campo, coa necesidade de reporting solicitada polos nosos clientes. A súa responsabilidade consistirá en asegurarse de que as persoas en campo dispoñan dos medios para minimizar os tempos de espera, garantindo a dispoñibilidade de todo tipo de material necesario para o labor diario.
Responsabilidades
Identificar os procesos actuais, documentalos. Identificar melloras nos mesmos, presentar solucións e levar a cabo a implementación.
Colaborar estreitamente cos diferentes departamentos co fin de mellorar ditos procesos.
Establecer unha relación cos traballadores de campo para facilitarlles a entrega de material.
Coordinar coa Responsable de Administración a compra de material que requiran os traballadores de campo.
Rexistrar no programa de xestión da empresa toda a información necesaria recibida, asignándolles ás máquinas e/o persoas correspondentes.
Colaboración continua noutros labores asignados polo seu responsable directo.
Requisitos mínimos
Titulación universitaria e/ou FP de grao superior.
Máis de 2 anos de experiencia laboral, idealmente relacionada con procesos no sector industrial, maquinaria e/ou forestal.
Coñecementos a nivel usuario do paquete de ofimática MS Office, Internet e correo electrónico.
Idiomas requiridos: Galego – Nivel nativo ou bilingüe.
Lugar de residencia habitual na Comarca de Curtis ou lindeiras, Galicia.
Requisitos desexados
Valorarase positivamente coñecementos de mecánica ou sector forestal/agrícola.
Valorarase positivamente coñecemento e experiencia en uso de Gmail, Google Drive, Google Calendar e Google Meet.
Valorarase positivamente ter Carné de Conducir.
Enviar CV e carta de motivación a gerencia@casefor.es coa referencia: CTA