Cursos en Lugo sobre clasificación de canais de vacun pesado

Os obradoiros desenvolveranse na nave de Novafrigsa dende o vindeiro mércores 16 de novembro, o primeiro, e o mércores 23 de novembro, o segundo, en horario de 11,30 a 14,30 e 16,00 a 19,00 horas

Cursos en Lugo sobre clasificación de canais de vacun pesado

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar dous cursos en Lugo sobre clasificación de canais de vacún pesado. Os obradoiros desenvolveranse na nave de Novafrigsa dende o vindeiro mércores 16 de novembro, o primeiro, e o mércores 23 de novembro, o segundo, en horario de 11,30 a 14,30 e 16,00 a 19,00 horas.

O obxectivo destas formacións é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios para conseguir ou renovar a autorización preceptiva de persoal que traballa en matadoiros para realizar clasificación de canais de vacún de acordo co sistema Seurop.

Os cursos están dirixidos á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A inscrición pode facerse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 981 540 065, ou enviarse un correo a calidade.agri@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información