Apicultura

Curso no Barbanza de iniciación á apicultura

Campo Galego 09/01/2024 5:45 p.m.

A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación á apicultura. Este curso celebrarase na Pobra do Caramiñal o día 10 de febreiro de 10:00 da mañá até as 19:30 horas da tarde. Para participar no curso hai que anotarse, pois o número de prazas é limitado, no enderezo dagabarbanza@elmuelle.es.

A matrícula para entrar será de 5€ para socios da Asociación Galega de Apicultura (AGA), para non socios o prezo é de 15€.

Etiquetado
Ir a la portada