Carne

Curso gratuíto en Lugo sobre inseminación e mellora reprodutiva bovina

A acción formativa terá lugar o día 5 de xullo no salón de actos do Edificio administrativo da Xunta na cidade das muralla

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/07/2022 4:53 p.m.

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre mellora reprodutiva e inseminación bovina. O obradoiro darase o día 5 de xullo no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

A acción formativa terá un horario tanto de mañá, dende as 9:00 ás 14:00 horas; coma de tarde, dende as 16 ás 21 horas.

O programa deste curso aborda unha serie de nocións sobre este tipo de gando, a súa anatomía, os síntomas do celo e as diferentes técnicas e métodos de inseminación artificial e tratamento do seme. Así mesmo, faranse prácticas sobre os coñecementos adquiridos nunha explotación bovina.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A inscrición no curso pode facerse online a través desta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 294 933, ou enviarse un correo a oac.svo.lugo@xunta.es

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada