Curso en Ourense sobre aspectos prácticos da normativa forestal

Curso en Ourense sobre aspectos prácticos da normativa forestal

O Servizo de Montes de Ourense, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre os aspectos prácticos da normativa forestal. O obradoiro darase no salón de actos da delegación local do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral o vindeiro mércores, 29 de xuño, en horario de tarde dende as 16:30 ás 20:30 horas.

O programa deste curso aborda aspectos prácticos da lei de montes e da lei de incendios forestais. Os alumnos serán formados en nocións tales coma repoboacións forestais, obrigas de xestión da biomasa, actividades en terreos queimados ou cambios de actividade no monte, entre outros aspectos.

A inscrición pode realizarse online dende seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 988 386 706, ou enviarse un correo a maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información