Curso de propagación e técnicas de cultivo de froiteiras

Os asistentes farán un repaso a diferentes producións frutícolas de interese na nosa comunidade

Publicidade

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) abren a inscrición no Curso de propagación de froiteiras e técnicas de cultivo, incluído na formación de Fruticultura 2024. Impartirase en 12 sesións entre o 9 de abril e o 6 de xuño, en horario de 16:00 a 20:00h no CFEA de Guísamo (Bergondo) e na Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros).

Hai un total de 20 prazas dispoñibles e os interesados poden anotarse a través do formulario habilitado na web da Fundación Juana de Vega. O importe é de 100€.

Durante as 60 horas de formación, os asistentes farán un repaso a diferentes producións frutícolas de interese na nosa comunidade, desde as máis difundidas como as maceiras, castiñeiros e kiwi ata outras menos estendidas como cítricos, aguacate, oliveiras ou pequenos froitos. Na parte práctica, estudaranse diversas técnicas de cultivo como estacaxe, sementeira, acodo mediante corte e recalce, ou enxerta.

Na parte final da formación, reserváronse un par de sesións para coñecer as enfermidades e as pragas das froiteiras, así como os tratamentos fitosanitarios máis axeitados para o seu control, desde o enfoque dun uso racional. Deste xeito, reducirase tanto o risco para a saúde humana como para o medio ambiente minorando, así mesmo, os custos de produción. O programa inclúe ademais unha visita de campo. A xornada de clausura será en decembro, momento no que se fará entrega dos diplomas e se organizará unha cata e degustación de froitos frescos e transformados.

FUNDACIÓN JUANA DE VEGA | AF Cartel curso Fruticultura | Módul

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información