Leite

Continúa a recuperación dos prezos da manteiga, do queixo e do leite en pó na UE

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/04/2024 5:36 p.m.

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións da cuarta semana de abril dos produtos lácteos nos mercados internacionais. O mes conclúe na UE cunha suba no prezo da manteiga -que se mantén en prezos altos-, e tamén cunha recuperación das cotizacións do leite en pó desnatado e do queixo cheddar. A caída da produción tanto en Europa como en Estados Unidos axuda a esta recuperación dos prezos.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta semana de abril para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 574 €/100 kg, +1,3 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 239 €/100 kg, -0,7 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 364 €/100 kg, +2.2 % ,,
-Queixo cheddar: 392 € /100 kg +0,9%

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En Italia o prezo do leite spot segue á baixa e quedou esta semana nos 0,428 euros o litro.

Polo que respecta á producción, os datos oficiais disponibles confirman que entre xaneiro e febreiro caeu a produción na Unión Europea nunha media do 0,6% respecto aos mesmos meses de 2023.

En Estados Unidos tamén houbo unha caída das entregas de leite en febreiro do 1,3% e do 0,7% no Reino Unido, mentres que en Nova Zelandia a produción subiu un 1,9% respecto a febreiro do ano pasado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada