A Asociación de Produtores de Leite de Galicia (PROLEGA) organiza para o vindeiro luns, 12 de xullo, no concello coruñés de San Sadurniño unha charla sobre “O futuro da xestión dos xurros en Galicia”.
A charla terá lugar de 15:30 a 17:30 horas na Casa da Cultura e será impartida por Xoán Castro, enxeñeiro agrónomo do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).
Nela explicará os cambios que se aveciñan tanto na maquinaria de aplicación (inconvenientes e vantaxes, viabilidade...etc); os cambios normativos que se prevén tanto a nivel europeo como español (nova PAC, novo decreto de fertilización...etc); a importancia do almacenamento do xurro (capacidade das fosas, cuberta das mesmas..etc) ou as recomendacións de abonado (boas prácticas para aplicar o xurro, o aforro que supón en abonos minerais..).
Para inscribirse é preciso chamar ao 636 884 861 ou enviar un email a asociacion.prolega@gmail.com