Leite

Baixan os prezos e a produción de leite en agosto, agás en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/10/2023 12:04 p.m.

As entregas de leite de vaca en España caeron no mes de agosto respecto ao ano pasado, nunha situación de baixada tamén dos prezos. Galicia mantense como a excepción en canto á produción, cun incremento interanual respecto a 2022.

Así se recolle no último informe do Ministerio de Agricultura correspondente ao mes de agosto e que foi feito público este luns .

En concreto, no conxunto de España a produción de leite en agosto ascendeu a 600.918 toneladas, cun descenso respecto ás 602.011 toneladas producidas no mesmo mes de 2022. Pola contra, en agosto as ganderías galegas produciron 251.805 toneladas de leite, cifra superior a agosto de 2022 (248.593 toneladas).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto aos prezos en orixe, en agosto situáronse en España nunha media de 0,518 euros o litro, cunha baixada respecto a xullo (0,530 euros o litro), mentres que en Galicia a media foi de 0,49 euros o litro, tamén por debaixo do mes precedente (0,513 euros). Por volume de entregas, as ganderías máis pequenas cobran de media 0,7 céntimos menos por litro que as de maior tamaño, tal e como reflicte o informe do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA):

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Polo que respecta ás calidades, a media española do leite entregado en agosto foi do 3,66% de graxa e do 3,29% de proteína, mentres que en Galicia a porcentaxe de sólidos foi superior non só en materia graxa (3,78%), senón tamén a nivel proteico (3,31%).

Por último, en canto ao leite ecolóxico o prezo medio en agosto foi de 0,636 euros o litro en España e de 0,625 en Galicia.

Descarga aquí o informe completo do FEGA

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada