Axudas da Xunta para innnovacións no sector agrario, agroalimentario e forestal

Axudas da Xunta para innnovacións no sector agrario, agroalimentario e forestal

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan as axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías, nos ámbitos agrario, agroalimentario e forestal.

A Xunta destina un total de 2,25 millóns de euros a estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O orzamento divídese en 450.000 euros para a anualidade de 2021, 1,35 millóns de euros para o 2022 e 450.000 euros para o ano 2023.

Desta convocatoria poden beneficiarse organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura, gandería ou silvicultura e empresas ou industrias transformadoras destes sectores, así como da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

En canto ás accións subvencionables, as áreas prioritarias de actuación son a xestión sustentable dos recursos naturais, os sistemas agrarios de produción, a industria e cadea agroalimentaria, a bioeconomía e a aplicación das tecnoloxías da información e comunicación ao sector. 

O prazo para a presentación de solicitudes remata no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG. É dicir, ata o 19 de marzo. 

Link á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210218/AnuncioG0528-030221-0001_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información