Viña

Aviso fitosanitario de Areeiro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/04/2024 10:52 p.m.

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, aconsella tratar as camelias e outras plantas ornamentais e froiteras ante a aparición do pulgón. Tamén alerta da necesidade de aplicar tratamento fronte ao ácaro da caída do botón floral da camelia, vixilar as viñas para previr o avance do mildio, así como revisar os buxos por se precisan tratamento fronte á eiruga. Tamén retirar e eliminar os froitos dos cítricos que están a murchar nas árbores.

No caso das camelias e plantas ornamentais e froiteras, Areeiro ten detectado a aparición dos pulgóns que están xa a causar dano estético evidente. A incidencia, de momento, é pequena, pero o centro dependente da Deputación recomenda estar alerta para eliminar as colonias mediante a retirada e destrución de gromos afectados e aplicar tratamento insecticida nos brotes máis exteriores das plantas. Ademais, no caso exclusivo das camelias, Areeiro recomenda aplicar tratamento fronte ao ácaro da caída do botón floral.

Ante a incerteza das previsións do tempo consultadas, o centro dependente da Deputación recomenda manter a vixilancia ante o avance do mildio nas viñas, en especial se as temperaturas nocturnas son suaves e se as viñas aínda non recibiron tratamento fitosanitario. Ademais, o vento destes días ten provocado a rotura dalgúns gromos nas viñas polo que, de ser preciso tratar as viñas afectadas fronte ao mildio, cómpre usar funxicidas que leven folpet, para mellorar a súa cicatrización.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No que respecta ao buxo, Areeiro ten observado menos síntomas de actividade das eirugas ben polos tratamentos realizados ou porque están en fase de crisálide. Sen embargo, o centro dependente da Deputación recomenda manter a vixilancia por se é preciso facer un tratamento.

E en canto aos cítricos, a climatoloxía húmida ten provocado que moitos froitos estean a murchar na árbore. Deste xeito, á marxe de aplicar un tratamento, Areeiro recomenda retirar e eliminar os froitos afectados para reducir a incidencia da enfermidade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada