Agricultura

Aceites Abril espera recoller este ano uns 35.000 quilos de olivas para elaborar un aceite 100% galego

Loading ad.
Ad could not be loaded.
28/10/2023 10:14 a.m.

A empresa galega Aceites Abril prevé alcanzar este ano unha produción de 35.000 quilogramos de oliva para a elaboración de "Colleita Propia", o seu aceite de oliva 100% galego que se traducirá nunha edición limitada de 7.000 botellas de medio litro. Na actualidade, a empresa familiar ourensá da man dun cento de produtores conta cunhas 140 hectáreas repartidas nas comarcas de Verín, Valdeorras, Quiroga, Terras de Lemos, O Ribeiro, Ourense, O Baixo Miño, O Salnés, Caldas de Reis, Deza e Carballiño.

Esta cifra, que se confirmará unha vez termine a campaña de recolección a mediados de novembro, supón un incremento aproximado do 15% con respecto á colleita da campaña anterior, na que se alcanzaron o 30.000 kg, debido á seca e inclemencias meteorolóxicas.

Durante a visita á plantación de San Pedro de Moreiras, Alberto Fernández, responsable de Agro indicaba que "a pesar de que no resto de España, a seca minguou a produción, en Galicia non afectou tanto a escaseza de auga como as intensas choivas caídas cando a oliveira se atopaba en floración". Porén, o responsable de agro da firma ourensá cre que as expectativas son boas e confía en recoller até un 15% máis que na campaña anterior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A pesar das condicións meteorolóxicas, desde a área de Agro da empresa ourensá apuntan que "a calidade da oliva é moi boa, podemos dicir que excelente, que está a chegar en moi bo estado, realmente cunha aparencia formidable".

En canto ao rendemento "esta campaña o rendemento por hectárea difire moito dunha parcela a outra en función da súa localización ou da posibilidade de rega. Estes condicionantes farán que o rendemento das leiras poida oscilar entre os 1.000 e 3.000 quilos de oliva recollida por hectárea. Este ano as mellores colleitas chegarán de agricultores da zona de Monterrei, algunha leira do Ribeiro e Baixo Miño", apunta Alberto Fernández Míguez, responsable da área de Agro da compañía ourensá.

En todo caso, esperan retornar aos números de anteriores campañas (concretamente á de 2021 con 45.000 kg.) para a colleita do 2024 e desta forma continuar potenciando o proxecto "Colleita Propia". A nivel de consumo, apuntan desde Aceites Abril que este aceite 100% galego está consolidado, de feito, continúanse esgotando as existencias en fábrica desde fai dúas edicións. Haberá que esperar a decembro a que a nova colleita deste produto estea de novo dispoñible en tendas de alimentación especializada e na propia tenda on-line de Aceites Abril.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cando abrimos unha botella de "Colleita Propia" atopamos un aceite moi frutal, cun forte compoñente aromático, en boca un gusto a plátano e améndoa.

"Colleita Propia"

Este proxecto, iniciado por Aceites Abril fai máis dunha década, ofrece aos pequenos produtores, ademais do compromiso de compra da produción a un prezo superior á media nacional, o estudo de viabilidade das súas parcelas (informe de campo, recollida de mostras, análises do chan e tratamento de datos climáticos), así como asesoramento técnico e formativo. Neste sentido, Alberto Fernández, responsable de Agro da firma, engadiu "Colleita Propia é o resultado da nosa firme aposta e compromiso de recuperación das oliveiras de Galicia xunto a máis dun cento de produtores locais".

Todo o traballo que hai detrás deste proxecto, foi recoñecido polo Cluster de Comunicación de Galicia, como a Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial nos Premios Paraugas na súa penúltima edición.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada