Leite

Abril comeza cunha recuperación dos prezos dos produtos lácteos no mercado internacional

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/04/2024 12:35 p.m.

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións da primeira semana de abril dos produtos lácteos nos mercados internacionais. O mes comeza na UE cunha lixeira suba no prezo da manteiga -que se mantén en prezos altos-, con estabilidade no leite en po enteiro e no queixo cheddar e cunha leve baixada do leite en po desnatado. En Nova Zelanda a poxa de Fonterra rexistra unha suba do 2,3% esta semana.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Manteiga: 563 €/100 kg, -0,1 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 239 €/100 kg, -2,9 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 355 €/100 kg, -1.0 % ,,
-Queixo cheddar: 388 € /100 kg -0,1%

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha suba dos produtos lácteos do 2,8%. Así, houbo unha suba do 3,4% no leite en po enteiro e o desnatado remontou un 1,4% respecto á última poxa; a cotización da manteiga revalorizouse un 3,1% e o queixo subiu un 4,1%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Baixada da produción en xaneiro

En canto á produción, os últimos datos disponibles correspondentes ao mes de xaneiro mostran un descenso interanual das entregas na Unión Europea nun 0,9%; dun 0,5% en Nova Zelanda e dun 1,1% en Estados Unidos.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada