O Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa organiza para o mes de marzo unha viaxe técnica a ganderías de Francia, que incluirá de camiño tamén unha visita á Granja San José, en Huesca.
En concreto, visitaranse explotacións principalmente da rexión da Vendée, no País do Loira, e asistirase a coloquios e charlas técnicas.
A viaxe, que terá lugar do 16 ao 23 de marzo, ten un custo de 380 euros para os socios da Efa Fonteboa e de 410 euros para as persoas non socias. O prazo de inscrición remata o día 14 de marzo.
Para máis información escribir un correo a fonteboa@efagalicia.org ou chamar ao 981 733 051