A Central Agropecuaria de Galicia-ABANCA acadou este martes na súa poxa de vacún maior un récord anual, e fíxoo por partida dobre. Así, unha parella de bois de raza Rubia Galega pertencentes a unha explotación de San Sadurniño (A Coruña) acadaron os mellores prezos dun exemplar de vacún maior rexistrados en 2016. Un deles, nado en outubro de 2008, foi adquirido por 5.072€, situándose como o prezo récord de 2016, mentres que o outro, nacido en decembro do mesmo ano, acadou 3.232€.
Adquiridos por Frigoríficos Bandeira, ambos superaron o récord de 2016 no prezo dun exemplar desta categoría, xa que se situaba ata hoxe nos 3.132€ acadados por un exemplar o 31 de maio.
Por outra banda, os 5.072€ nos que se sitúa agora o récord anual de 2016 supón o quinto mellor prezo pagado na historia da puxa por un exemplar de vacún maior, detrás dos 6.006€, 5.932€, 5.616€ e 5.259€ que se pagaron por bois de razas Rubia Galega, Caldelá e Asturiana de los Valles en 2015.