Paralizan unha planta de residuos que ameazaba ás explotacións gandeiras de Trazo

Paralizan unha planta de residuos que ameazaba ás explotacións gandeiras de Trazo

Canteira do monte da Picouta no que estaba proxectada a planta

A empresa que proxectaba construír unha planta de tratamento das escouras dos fornos de Sogama no concello de Trazo desiste públicamente de ubicala nese concello debido a forte oposición veciñal, pola ameaza de contaminación que supuña para as numerosas explotacións gandeiras do concello, e tamén polo rexeitamento das autorizacións por parte da Xunta de Galicia e do concello.

Así, o confirmou en declaracións a Campo Galego Francisco Rodríguez, director adxunto de González Couceiro SLU, empresa que tiña proxectado construír no monte da Picouta unha planta de tratamento e valorización das escouras e das cinzas dos fornos nos que Sogama queima o lixo.

Sen embargo, e tras os informes desfavorables da Xunta, Francisco Rodríguez asegura que “renunciamos a ese proxecto e nese emprazamento, aínda que seguimos crendo na necesidade de recuperar os residuos”.

“Renunciamos ao proxecto na Xunta  hai máis dunha semana e de momento non temos ningunha previsión de novo emprazamento para instalar planta”, recoñece o responsable de González Couceiro SLU.

Os veciños e gandeiros manteranse vixiantes

Sen embargo, por parte dos veciños e dos gandeiros aseguran que se manterán vixiantes ata ter a certeza de que o proxecto non se vai volver a recuperar no futuro. Así, a secretaria da Asociación de Veciños da Picouta, Luz Suárez asegura que “manterémonos vixiantes para que este proxecto non volva a recuperarse por outra vía, e pedirémoslle información tanto ao Consello de Trazo como á Xunta de Galicia para asegurarnos de que está totalmente descartado”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información